InicioPolíticaO Concello de Vigo deféndese das acusacións de clientelismo no plan de...

O Concello de Vigo deféndese das acusacións de clientelismo no plan de emprego municipal

PUBLICADO O

- Advertisement -

O concelleiro do PSOE vigués Carlos López Font vén de respostar ás declaracións de Miguel Fidalgo (PP), nas que o edil do Partido Popular acusaba a Caballero de “facer un plan de emprego para beneficiar a amigos e reforzar a rede clientelar que teceu entre diferentes colectivos sociais, culturais e deportivos da cidade”.

Así, López Font acusou ao PP de estar directamente “en contra da creación de emprego”: “Agora o PP dedícase a insultar a todos os colectivos de Vigo que empregan á xente. É o deterioro absoluto do PP”.

Ademais, puxo en valor o plan de emprego do Concello, “que supón a concesión de axudas por valor dun millón de euros a un total de 72 asociacións que permiten a contratación de 200 traballadores”; así como “os miles de empregos que xera a política keynesiana” do goberno municipal.

“a empresa de vigo con máis persoal precario é o concello”

Fidalgo expuxera en rolda de prensa que o plan de emprego foi creado “para contrarrestar os malos datos do paro”, e que se trata, na práctica, “dun plan de esmola para diferentes colectivos, para telos contentos, a maior gloria do alcalde”.

O edil popular, nas súas declaracións, engadira que “a empresa de Vigo con máis emprego temporal, precario, a baixo custo é o Concello”, e aproveitou para recordar que o xefe do servizo de emprego do Concello de Vigo está imputado por prevaricación, malversación de fondos e falsidade documental, delitos polos que o fiscal pide sete anos de cárcere.Tamén aludiu a un informe de 2017 no que sinala a promoción de funcionarios “a dedo” na corporación local.

“este goberno municipal quere que a xente se divirta en vigo”

Polo súa banda, Font respostou que “a beneficencia e a xeración de paro é o sinal de identidade do PP, que esquece que no último trimestre en Vigo creceu o emprego. Non sei que interese ten o concelleiro do PP en ocultalo. A realidade é que a economía da cidade estase recuperando”, defendeu.

O concelleiro socialista, ademais,”sacou peito” do éxito que están a ter as festas municipais: “As festas e o bo estado da cidade están atraendo a miles de turistas que nos visitan, ocupando hoteis e xerando emprego”.

Abel Caballero, no concerto de Maná/ Miguel Núñez

“Este goberno municipal quere que a xente se divirta en Vigo. Moléstalle ao concelleiro do PP que se celebren concertos gratis aos que pode ir todo o mundo? Moléstalle que houbese 100.000 persoas contentas no concerto de Maná? Ou o que quere o PP e que a xente estea encerrada nas súas casas ou en conventos de clausura?”, selou.

ÚLTIMAS

O BNG e o Concello de Vigo cruzan críticas pola “inacción” ante o prezo da vivenda

O grupo municipal do BNG criticou este luns a "inacción" da Xunta e do...

Caballero presume dun 90 % de ocupación en Vigo polo Nadal e carga contra os “antiVigo”: “Desgústalles que nos vaia ben”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou no 90 % o nivel de ocupación...

Un home enfróntase a sete anos de prisión acusado de vender droga no bar que rexentaba en Baiona

Un home sentará este martes no banco dos acusados na sección quinta da Audiencia...

Luz Casal actuará en Vigo no Teatro Afundación en febreiro de 2026 dentro da súa nova xira

A cantante Luz Casal ofrecerá un concerto no Teatro Afundación de Vigo o vindeiro...