InicioCulturaColexios da fronteira recollen o patrimonio oral galego- portugués a través de...

Colexios da fronteira recollen o patrimonio oral galego- portugués a través de 18 cancións

As 18 cancións finais do proxecto 'Meniños cantores 2', do Consello da Cultura Galega, quedaron rexistradas nun disco, un libro e unha serie documental de catro episodios.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Consello da Cultura Galega (CCG) presentou esta mañá o proxecto ‘Meniños Cantores 2’, iniciativa que busca recuperar o patrimonio oral galego-portugués a través da achega de 17 colexios na fronteira entre Galicia e Portugal. Cada centro escolleu unha canción da súa zona e gravouna coa axuda de artistas “consagrados” no panorama tradicional lusófono. As 18 cancións finais quedaron rexistradas nun disco, un libro e unha serie documental de catro episodios.

‘Meniños Cantores 2’ é un proxecto de Ponche…nas ondas! (PNO!), coeditado co CCG, producido por Casa de Tolos e que conta co financiamento da TVG e o programa ‘O teu Xacobeo’ da Xunta de Galicia.

No acto estiveron presentes a presidenta do CCG, Rosario Álvarez; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, a directora adxunta á dirección xeral da CRTVG, Rosa Vilas; e o presidente de ‘Ponche…nas Ondas!’, Santiago Veloso, entre outros.

A primeira edición do proxecto lanzouse en 2005 e formou parte da candidatura ao Patrimonio oral e inmaterial galego-portugués para a Unesco. Esta segunda edición, 16 anos máis tarde, coincidiu co 25 aniversario da asociación PNO!, así como coa súa candidatura ao Rexistro de Boas Prácticas do Patrimonio Cultural Inmaterial e as axudas ‘O teu Xacobeo’.

En palabras da comisaria do Xacobeo, Cecilia Pereira, esta iniciativa era a “mellor forma de investimento” que podían ter xa que trata sobre o “patrimonio galego, é interxerenacional, contén aprendizaxe e é de alta calidade”. De feito, ‘Meniños Cantores 2’ recibiu 20.000 euros por parte de ‘O teu Xacobeo’, a máxima dotación á que se podía acceder.

FOMENTAR O PATRIMONIO ORAL

Pola súa banda, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, destacou o traballo do proxecto como forma de promoción da lingua “non só dos nenos senón tamén das familias” e como “un exemplo de boas praxes do galego fóra do ámbito escolar”.

Seguindo esta liña, o presidente de PNO! indicou que o proxecto “non só recolle patrimonio oral”, xa que tamén conta cun glosario onde se recolle o léxico propio de cada municipio, textos de autores galegos e portugueses como Rosa Aneiros e Marco Neves, e debuxos feitos polo propio alumnado.

Desde a dirección da CRTVG, Rosa Vilas explicou que se trata dun proxecto que “encaixa á perfección coa misión da TVG” e avanzou que a cadea pública vai emitir unha serie documental de catro episodios sobre o proxecto estas festas.

Vilas engadiu que ‘Meniños Cantores 2’ segue a liña doutros programas da TVG como ‘Dígocho Eu’ no que teñen unha sección comparando o galego e o portugués, como unha forma de achegar a lingua aos mozos.

ÚLTIMAS

“Tiven que vivir na rúa dentro dun coche, co meu fillo menor de idade e dous gatos”, di unha estafada

Un estafador reincidente, condenado ata en tres ocasiones por casos similares, asegurou que descoñece...

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...