InicioVigo e contornaO PorriñoA xuíza rexeita arquivar a causa contra a exalcaldesa do Porriño por...

A xuíza rexeita arquivar a causa contra a exalcaldesa do Porriño por adxudicación irregular de limpeza e roza

A maxistrada tamén sinala que aínda quedan por cumprimentar determinados oficios nos que se require proba documental do Concello.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O xulgado de instrución número 2 do Porriño  ditou auto mediante o que desestima a petición da exalcaldesa desta localidade, a socialista Eva García de la Torre, investigada xunto a outros cargos políticos e empresarios pola suposta adxudicación irregular de contratos para limpeza e roza.

Segundo a resolución, o concelleiro de Unión Democrática da Louriña, Manuel Carreira (tamén investigado neste procedemento) presentou unha solicitude de arquivo e sobresemento, á que se adheriu Eva García de la Torre.

Nas súas solicitudes, argumentaban que, da instrución practicada, non se puideron determinar indicios da comisión de delitos e que, en todo caso, podería haber irregularidades administrativas que deberían ventilarse pola vía contenciosa e non penal.

En resposta a esas peticións, a xuíza de instrución sinalou que, a estas alturas da instrución, “existen indicios” de que, sendo alcaldesa García de la Torre, no ano 2017 e 2018, “viñéronse adxudicando de forma verbal e prescindindo de todo tipo de procedemento os servizos de limpeza viaria e roza” a persoas ou empresas vinculadas politicamente ao goberno municipal.

Respecto diso, tamén sinala que hai indicios de “relación familiar e/ou de amizade” entre Manuel Carreira e varios investigados que foron contratados verbalmente polo Concello e que “crearon empresas ‘ad hoc’ para facturar” por eses traballos.

Por outra banda, a maxistrada tamén sinala que aínda quedan por cumprimentar determinados oficios nos que se require proba documental do Concello.

Finalmente, o terceiro motivo polo que rexeita o sobresemento é porque foi desestimada unha querela interposta por parte da acusación popular e anunciouse a interposición de recurso ante a Audiencia Provincial de Pontevedra.

Para a xuíza de instrución sería “aventurado” e “inviable” arquivar o procedemento mentres non se resolva ese recurso, porque se a querela da acusación popular é admitida a trámite, “o procedemento deberá continuar necesariamente contra ambos os (García da Torre e Carreira)”.

ÚLTIMAS

A ministra de Deportes suxire que Vigo será sede do Mundial de Fútbol

A ministra de Educación, Formación Profesional e Deportes, Milagros Tolón, asegurou que o estadio...

Rescatados dous tripulantes que encallaron co seu veleiro en Cabo Silleiro

O rescate dos dous tripulantes dun veleiro que quedou encallado fronte á costa de...

UGT suspende a concentración contra o ataque con explosivos á súa sede de Vigo á que ía acudir Pepe Álvarez

A condena do ataque contra a sede de UGT en Vigo terá que agardar...

Vigo mantén en segredo o motivo da suspensión do contrato de bus de 470 millóns: “Saberase cando a lei o permita”

Case dous meses despois de que o Concello de Vigo anunciase a suspensión da...