InicioVigo e contornaVigoVigo volve a ser a área onde máis medran os casos covid

Vigo volve a ser a área onde máis medran os casos covid

Mantense como a segunda área máis afectada, por detrás de Ourense, con 588 casos activos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Galicia supera as 2.500 infeccións activas, con 2.507,–248 máis nas últimas 24 horas– e a presión hospitalaria increméntase, con 73 hospitalizados –10 ingresados máis–. Con todo, baixan lixeiramente os contaxios, con 300 novos –60 menos que este sábado–; así como a taxa de positividade, que descende ata o 7,2% –un 2,56% menos–.

Respecto da semana pasada, todos os indicadores dobran os datos rexistrados fai sete días, cando os casos activos eran 1.179 e se rexistraran 136 contaxios. A taxa de positividade aínda se mantiña por baixo do 5% recomendado pola OMS, nun 4,16%, e a Comunidade contaba con 46 pacientes hospitalizados por mor da covid.

Segundo os datos publicados na mañá deste domingo pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste sábado, soben ata as 14 persoas ingresadas en UCI pola covid en toda Galicia –dúas máis– e aumentan a 59 as hospitalizadas noutras unidades –oito máis–. Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria aumenta en seis das sete: só descende en Santiago e Barbanza. No caso de Vigo, segue con tres pacientes na UCI e tres noutras unidades –dous máis–.

MÁIS DE 2.000 INFECCIÓNS

Galicia acumula 21 xornadas consecutivas de aumento de casos activos de Covid-19, que ascenden a 2.507, o que implica 248 máis que a xornada anterior, ao haber máis contaxios (300) que altas (52). De novo as infeccións activas ascenden nas sete áreas sanitarias galegas, coa de Vigo á cabeza (+72). A área olívica, porén, non é a que máis casos acumula, xa que ten 588, por debaixo dos 642 de Ourense.

En canto á taxa de positividade das probas PCR –número de infeccións detectadas cada 100 test– a nivel galego, sitúase no 7,2%, tras remontar ao 9,79% rexistrado na xornada anterior desde o 7,34% do venres, descender o xoves ao 4,63% despois de subir a un 5,21% o mércores, baixar ao 2,43% o martes e comezar esta semana co 3,93%. Deste xeito, supera por segunda vez en tres días o limiar do 5% que fixa a Organización Mundial da Saúde (OMS) para dar por controlada a pandemia.

ÚLTIMAS

A praza baleira e a nosa débeda con Martínez Garrido

O outro día atopeime cunha imaxe tan chocante como reveladora: o busto do Rei...

O PP afea a Caballero que se acorde das familias “só en ano electoral” e pide recuperar as axudas para libros

O grupo municipal do PP en Vigo reclamou este martes ao goberno local que...

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...