InicioPolíticaO BNG esixirá no Congreso paralizar o recheo anexo á lonxa do...

O BNG esixirá no Congreso paralizar o recheo anexo á lonxa do Porto de Vigo

A formación nacionalista considera que se trata dunha actuación "innecesaria e inxustificable" en pleno século XXI.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG anunciou este xoves a presentación dunha nova batería de iniciativas no Congreso de forma “urxente” para pedir a paralización das obras de recheo que o Porto de Vigo está a facer na zona de Beiramar, á beira da lonxa de pesca, ao considerar que se trata dunha actuación “innecesaria e inxustificable” en pleno século XXI.

Así o manifestou o deputado Néstor Rego, quen lembrou que o BNG xa solicitou no seu día ao Goberno que non autorizase ese recheo, duns 8.000 metros cadrados, unha solicitude que “non foi atendida” polo Executivo. Agora, cando os traballos están en plena execución, confirmou que presentará novas iniciativas para instar a súa paralización. Segundo Néstor Rego, este recheo “non é necesario desde o punto de vista do funcionamento do Porto, nin é aceptable desde o punto de vista ambiental”.

Na mesma liña, o concelleiro Xabier Pérez Igrexas lembrou que o BNG foi “a única forza política” que expresou o seu rexeitamento aos recheos “desde o primeiro momento”, e apuntou que, en 2019, o PSOE vetou unha iniciativa nacionalista no Pleno municipal que pedía o fin deste tipo de actuacións.

En todo caso, o edil anunciou que a súa formación manterá a “ofensiva institucional” para tratar de paralizar este recheo, do que responsabilizou ao PP pola súa “obstinación” e a PSOE e Unidas Podemos pola súa “complicidade”.

ÚLTIMAS

Vigo presenta o seu Entroido 2026 coa orquestra París de Noia e o desfile de comparsas

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou este luns a programación municipal para as...

Detido o cuarto integrante do grupo que asaltou e golpeou a un nonaxenario en Coruxo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home, cuarto integrante...

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...