InicioCulturaA Semana de Cine Submarino celebra o seu 30º aniversario en Vigo

A Semana de Cine Submarino celebra o seu 30º aniversario en Vigo

Volve tras a parada pola pandemia coa proxección de seis filmes documentais, entre o 17 e 19 de novembro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Semana de Cine Submarino da UVigo cumpre este 2021 o seu 30º aniversario e celebrarao coa proxección de seis películas documentais, entre o 17 e 19 de novembro, e tras o ‘parón’ do ano pasado pola pandemia de Covid-19.

O evento, organizado polo Vicerreitorado de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria, foi presentado este luns na sede da Universidade de Vigo noBerbés, nun acto que contou coa presenza da vicerreitora Natalia Caparrini; o director da Semana, José Luís González; e a coordinadora adxunta da área de Cultura de Afundación, Paloma Vera.

O programa iniciarase este mércores cunha produción de National Geographic, ‘Pristine Sexas’, filmada polo mergullador Enric Salga, e na que os espectadores poderán coñecer como eran os oceános hai centos de anos e as razóns que fan necesaria a súa conservación.

Así mesmo, o mércores tamén se proxectará ‘Segredos do Océano’, premio Ciencia en Acción 2020 e Varanda de Prata ao mellor documental no certame internacional Cimasub. Nesta peza, Enrique Talledo (que será protagonista da charla) mostra os fondos oceánicos dos cinco continentes e desvela imaxes e comportamentos dos ecosistemas nunca vistos.

O xoves proxectarase outra produción de National Geographic, ‘Peixes incribles’, que permitirá coñecer especies mariñas pouco habituais. A continuación, será a quenda da película ‘Mar da minha terra’, do portugués Luís Quinta (que estará presente como convidado nesta segunda xornada), filmada entre a costa Caparica e o cabo Espichel, no chamado canón de Lisboa, que chega a alcanzar os 700 metros de profundidade.

Finalmente, o venres proxectaranse ‘Cantábrico Salvaxe’ de Enrique Telledo, con imaxes dos fondos mariños nas costas de Galicia, Asturias, Cantabria e Euskadi; e ‘Océanos Profundos’ de National Geographic, centrado na biodiversidade da Antártida. Nesta xornada, o invitado da Semana de Cinema Submarino será Jesús Souza Troncoso, catedrático de Zooloxía e investigador do Centro de Investigación Mariña da UVigo.

As proyeccciones e os debates posteriores terán lugar a partir das 20,00 horas no Teatro Afundación de Vigo, con entrada libre ata completar aforamento.

ÚLTIMAS

UXT denuncia unha “grave escaseza de persoal” na residencia Alvi Beade de Vigo

UXT Sanidade denunciou publicamente este martes a situación "especialmente preocupante" que atravesa a residencia...

Un ferido atrapado tras envorcar o seu turismo nun accidente na Ramallosa

Segundo informou o 112, varias persoas chamaron ao servizo para alertar de que o...

Abel Caballero despide o 2025 coa mirada posta no Vigo Vertical e no novo Plan Xeral

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, fixo balance do que cualificou como "o mellor...

Rueda sitúa a Delta Vigo como punta de lanza da innovación galega no sector aeroespacial e da defensa

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, puxo en valor este martes o papel de...