InicioSucesosFerido un mariñeiro tras chocar un pesqueiro contra unha batea en Cangas

Ferido un mariñeiro tras chocar un pesqueiro contra unha batea en Cangas

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un mariñeiro resultou ferido na madrugada deste luns no municipio de Cangas do Morrazo  tras chocar o pesqueiro no que navegaba contra unha batea.

Segundo informou o 112 Galicia, unha ambulancia desprazouse ata o Peirao de Aldán para trasladar ao mariñeiro ata o centro de saúde da localidade, tras o que foi derivado a un hospital. Persoal de Salvamento Marítimo indicou ao 112 Galicia que se tratou dunha embarcación pesqueira que, ao chocar contra unha batea, houbo un pescador ferido tras ser golpeado.

Sobre as 5,30 horas deste luns unha persoa particular solicitou unha ambulancia para o Peirao de Aldán. Segundo indicou, ían nunha embarcación que chocara contra unha batea e un dos tripulantes levara un golpe.

Con estes datos, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento do servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, do persoal do Servizo de Gardacostas de Galicia e de Salvamento Marítimo. Ademais, informouse da situación á Garda Civil.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...