InicioVigo e contornaVigoPiden paralizar as obras no Porto de Vigo para evitar danos á...

Piden paralizar as obras no Porto de Vigo para evitar danos á pesca e o marisqueo

Ecoloxistas en Acción ve "inxustificados" uns recheos que poderían danar o medio da ría viguesa.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Nova chamada de atención de plataformas ecoloxistas ás obras da ría de Vigo. Ecoloxistas en Acción vén de demandar á Autoridade Portuaria de Vigo e á Dirección Xeral de Costas e o Mar (MITERD) a dar explicacións por un novo recheo na ría olívica, á vez que insta aos organismos a expoñer a valoración do seu impacto ambiental.

Dende a plataforma ven “inxustificada” a acción de recheo que a Autoridade Portuaria de Vigo estaría a desenvolver no pantalán número 2 da dársena de Bouzas-Berbés. O recheo, din dende a plataforma, ocupará 8.300 m2 de lámina de auga e “prexudicará seriamente á rexeneración natural do mar, afectando á pesca e marisqueo, ademais do seu impacto visual”.

Esta ocupación de terreo mariño súmase así aos 3 millóns de metros cadrados que, en anos anteriores, xa foron gañados ao mar na zona costeira da cidade olívica. Precisamente por iso, consideran que as alegacións de “falta de espazo” desenvoltas polos entes responsables “non xustifican este novo recheo”. E engaden que “unha boa parte das instalacións portuarias están sendo utilizadas para almacenaxe ou outras  actividades non propias da pesca”.

“Para habilitar o espazo que se demanda”, explican, é necesario o traslado destas actividades a outros espazos “máis axeitados”. Entres estes citan a Plataforma Loxística de Salvaterra, parque empresarial “do que é propietaria en parte a propia Autoridade Portuaria”. Ademais, a asociación apunta a que o Porto de Vigo ten a Delimitación do Espazo e Uso Portuario (DEUP) anulada xudicialmente e que a nova DEUP “está aínda en estudo e sen resolver as multiples alegacións cursadas rexeitando novos recheos”. Por estas razóns piden a paralización deste e outros recheos na Ría de Vigo.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...