InicioFeijóo reafirma á alcaldesa de Tomiño a instación dun polígono agroforestal no...

Feijóo reafirma á alcaldesa de Tomiño a instación dun polígono agroforestal no concello

Os dous políticos repasaron outras actuacións neste concello do Baixo Miño, como as obras de mellora en varios centros educativos ou a execución da Vía de Alta Capacidade entre Tui e A Guarda.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A rexedora de Tomiño, Sandra González, mantivo unha reunión co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na que reafirmou a disposición da Xunta a construír un polígono agroforestal neste municipio, na zona dos Panascos, e que se dedicaría á produción de planta ornamental, hortofruticultura e viveiros.

Ademais, ambos repasaron outras actuacións neste concello do Baixo Miño, como as obras de mellora en varios centros educativos; a execución da Vía de Alta Capacidade entre Tui e A Guarda, que pasa por Tomiño; ou o apoio da Xunta para que o Parque da Amizade teña recursos do fondo europeo Next Generation.

Por outra banda, e ante a preocupación expresada pola alcaldesa debido ás listas de espera na Atención Primaria, Feijóo asegurou que a Xunta está a traballar para paliar a falta de profesionais no servizo, aínda que insistiu en que é un problema estendido por todo o Estado e que require da “implicación” do Goberno central para a súa solución.

ÚLTIMAS

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...