InicioPolíticaAcusan a Abel Caballero de alentar o "racismo" contra os usuarios da...

Acusan a Abel Caballero de alentar o “racismo” contra os usuarios da Pass Vigo non empadroados

A concelleira de mobilidade de Cangas asegura que a situación chegou a tal punto que os vigueses están increpando os usuarios da Pass Vigo non empadroados na cidade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A concelleira de Mobilidade e Transporte de Cangas, Lourdes Rial Pardo, vén de redactar unha carta para denunciar non só que os usuarios da Pass Vigo non empadroados teñan tarxetas distinguibles doutra cor, senón que o alcalde vigués “encargouse de convencelos de que a nosa tarxeta págase cos seus impostos”, e que polo tanto están asubiando e mofándose dos usuarios non vigueses da mesma.

“os veciños de vigo asubían os seus portadores”

Rial Pardo fala de Abel Caballero non só como alcalde de Vigo senón tamén como presidente de tódolos municipios de España ao dirixir a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), “e valorando de antemán a súa neutralidade e bo facer”.

Amósase preocupada non só polo seu concello senón tamén “por algún outro” de que “tras un auto xudicial polo que non pode discriminar os veciños non empadroados en Vigo negándolle a Tarxeta verde, busca outro xeito de discriminación” ao determinar unha tarxeta doutro cor, branca.

Isto, asegura, supón que “cando se utiliza (esta tarxeta branca para non empadroados) no transporte urbano os veciños de Vigo asubían e incriminan ós seus portadores”. “E todo porque o Sr. Alcalde encargouse de convencelos de que a nosa tarxeta branca págase cos seus impostos”, selou.

Eses veciños de Vigo que, como ben salienta, “abarrotan as praias de Cangas, esixen socorristas as 24 horas e cadelas anfibias para mobilidade reducida”.

Polo tanto, a concelleira de Cangas dirixiuse á FEGAMP, a FEMP e os medios de comunicación “para que lle faga ver que para conseguir votos non vale todo, que todos pagamos impostos e que con esta actitude está sendo racista cun pobo acolledor e xeneroso como é Cangas para todos os vigueses”.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Sanidade inspecciona o servizo de Dermatoloxía de Povisa tras as denuncias por falta de especialistas

A Consellería de Sanidade realizou unha visita de inspección ao servizo de Dermatoloxía do...

O PP de Vigo esixe a dimisión de Patricia Rodríguez polo “caos” na Policía Local e a frota coa ITV caducada

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, denunciou o "desgoberno" e o "caos...