InicioVigo e contornaVigoAtopan dous Porsches roubados nunha vía secundaria de Vigo

Atopan dous Porsches roubados nunha vía secundaria de Vigo

Os coches foran substraídos en Málaga en febreiro de 2020.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo localizaron nunha vía secundario da cidade dous vehículos de alta gama que foron subtraídos na provincia de Málaga en febreiro pasado.

Segundo informaron fontes policiais, unha dotación do 092 que se atopaba realizando labores de vixilancia e control no ámbito da seguridade viaria localizou dous coches estacionados nun camiño secundario na zona de Alcalde Lavadores.

Tratábase de dous turismos da marca Porsche (un modelo Carrera e outro modelo Cayenne) e procederon a consultar a base de datos mediante as placas de matrícula. Así, os axentes pescudaron que figuraba unha denuncia polo roubo destes coches presentada en febreiro na provincia de Málaga.

A Policía púxose en contacto co responsable da empresa titular dos coches para informarlle de que foran atopados e para explicarlle os pasos que debe seguir para recuperalos. Paralelamente abriuse unha investigación co fin de esclarecer o roubo ou as circunstancias nas que os coches chegaron á cidade.

ÚLTIMAS

A Audiencia de Vigo xulga a 11 acusados de fabricar ‘narcolanchas’ en Galicia e Portugal

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acolle desde...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...