InicioSociedadeDobre cabalgata de Rei en Vigo, a primeira 'estática' pola mañá e...

Dobre cabalgata de Rei en Vigo, a primeira ‘estática’ pola mañá e pola tarde desfile desde Venezuela a Coia

Segundo explicou o rexedor Abel Caballero, na mañá do 5 de xaneiro colocaranse as carrozas na rúa Venezuela para que poidan ser visitadas, do mesmo xeito que xa se fixo no pasado Nadal, cando houbo unha comitiva estática e con cita previa para evitar aglomeracións polas restricións derivadas da pandemia de Covid.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A cidade de Vigo terá en 2022 unha dobre cita cos Reis Magos, xa que haberá unha ‘cabalgata estática’ na mañá do 5 de xaneiro e, pola tarde, o tradicional desfile, que se recupera tras a suspensión deste ano por pandemia e que se desenvolverá entre a rúa Venezuela e a Avenida Castelao, en Coia.

Así o avanzou en rolda de prensa o alcalde, Abel Caballero, quen lembrou que a comitiva dos Reis Magos terá este Nadal como tema ‘Jules Verne e as viaxes fantásticas’.

Segundo explicou o rexedor, na mañá do 5 de xaneiro colocaranse as carrozas na rúa Venezuela para que poidan ser visitadas, do mesmo xeito que xa se fixo no pasado Nadal, cando houbo unha comitiva estática e con cita previa para evitar aglomeracións polas restricións derivadas da pandemia de Covid.

Ademais, a partir das 18,00 horas sairá o desfile desde Venezuela percorrendo cálelas Camelias, Álvaro Cunqueiro e Praza de América, antes de enfilar a Avenida Castelo para acabar á altura do centro comercial Coia 4, pasada a rotonda do barco de Alfageme.

Caballero sinalou que o itinerario se modificou con respecto ás últimas Cabalgatas debido ás obras en Porta do Sol e García Barbón (aínda que o percorrido desde Venezuela a Coia xa se fixo noutras ocasións). Ademais, apuntou que o Concello está “a barallar a idea” de que a Cabalgata cambie “cada ano” o seu itinerario para chegar a máis zonas da cidade.

ÚLTIMAS

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...

Un xulgado de Vigo falla contra a Sareb e permite a un veciño de Privada Moderna quedar no seu piso

A praza 7 da Sección Civil do Tribunal de Instancia de Vigo fallou en...