InicioCulturaRegresa o Festival SinSal a San Simón, "para non esquecer o pasado...

Regresa o Festival SinSal a San Simón, “para non esquecer o pasado e construír o futuro coa cultura”

PUBLICADO O

- Advertisement -

Entre o 26 e 29 de xullo, a Illa de San Simón acollerá unha nova edición do “SinSal Son Estrella Galicia”, un dos festivais máis singulares de Europa, cuxo principal sinal de identidade é o carácter secreto do seu cartel.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, presentou este luns pola mañá a décimo sexta edición do festival poñendo en valor o seu carácter comprometido e os puntos fortes dun evento “que cumpre coas demandas da xente do século XXI”.

Para a presidenta provincial o “SinSal” é un festival “cheo de novas propostas, un proxecto global e integral de entender un territorio e a industria musical e un compromiso coa provincia de Pontevedra e con Galicia”.

Neste eido, Silva destacou que “no século XXI a xente demanda emocións, experiencias, calidade, excelencia, contornas únicas e proxectos diferenciados e todo isto o ten o festival SinSal”.

Presentación do Festival Sin Sal/ Deputación de Pontevedra

Ademais da música de calidade, a presidenta da Deputación tamén destacou a paraxe na que se desenvolve o festival, nas Illas de San Simón e San Antón, “marabillosas, cunha beleza que non ten palabras para describila e cunha historia única, moitas veces terrible”.

Ao respecto, Silva destacou que “non podemos esquecer ese pasado para que non se repita e, para acadalo, nada mellor que rachar coa terrible historia pasada que construír presente e futuro enchendo esas illas de cultura como a través do SinSal”.

Xunto á música, a presidenta da Deputación enxalzou o compromiso do festival cos valores e principios da economía circular, da igualdade e da sustentabilidade. Neste eido, destacou que SinSal está comprometido coa sustentabilidade, coa mellora do medio ambiente para “que as seguintes xeracións teñan unha contorna mellor que a que nós recibimos”.

Para elo, segundo informou Silva, a institución provincial puxo en marcha a campaña “Somos historias, somos sostibles”, que está centrada este ano na eliminación de plásticos e cabichas.

Con respecto á igualdade, a presidenta da Deputación fixo fincapé no “total compromiso de SinSal coa igualdade, con conseguir que as mulleres, que somos o 52% da poboación, esteamos presentes en igualdade no festival. Súmome aquí ao chamamento realizado por Xulio Gómez, para que as mulleres se matriculen nas carreiras técnicas e así acadar tamén o 50% de mulleres nas cuestións técnicas do festival”.

Neste aspecto, Silva destacou as campañas que a institución provincial vai poñer en marcha durante o festival, “Lembra, eu decido, ti respectas”, que se repite por segundo ano consecutivo, e “Conta comigo eu respéctote”, centradas na loita contra o acoso sexual e na concienciación á poboación da necesidade de cambiar os modelos existentes.

A presidenta da Deputación de Pontevedra asegurou que a institución provincial “é a administración que máis achegas destina ao SinSal xa que, amais dos recursos individuais, tamén se encarga da súa promoción a nivel nacional e internacional no marco dos #RíasBaixasFests”.

Neste eido, Carmela Silva recordou que “fai tres anos os promotores da industria musical da provincia viñeron a propoñernos a posibilidade de crear unha marca conxunta dos festivais para acadar unha maior e mellor visibilización e, hoxe, non me podo sentir máis orgullosa de ter apostado por elo”.

Tamén tivo palabras Silva para agradecer a contribución da iniciativa privada no SinSal, a través de empresas como New Balance e Estrella Galicia, “que apostan pola Responsabilidade Social Corporativa, por devolverlle á sociedade parte do beneficio que obteñen e apostar pola nosa provincia”.

ÚLTIMAS

Xulgados de Vigo admiten a trámite as primeiras demandas de afectados por motores PureTech de Stellantis

A Asociación de Afectados Stellantis (Afestel) polos motores PureTech anunciou que os xulgados de...

Nova polémica no Pleno de Vigo tras aprobarse un novo programa de vivendas para familias vulnerables

A Xerencia de Urbanismo de Vigo aprobou este martes unha iniciativa para pór en...

Caballero atribúe a subida do recibo de lixo á “estafa” de Sogama: “Rueda débese crer que en Vigo somos parvos”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, censurou a "caradura política" do PP por pedir...

Zona Franca e UVigo asinan o novo convenio para a Cátedra Ardán, que incrementa o orzamento ata 960.000 euros

O delegado da Zona Franca, David Regades, e o reitor da Universidade de Vigo,...