InicioSociedadeUn home enfróntase a 10 anos de cárcere por abusar sexualmente da...

Un home enfróntase a 10 anos de cárcere por abusar sexualmente da súa neta

Fiscalía reclama que se lle prohiba acercarse á súa neta durante outros dez anos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home, acusado de abusar sexualmente da súa neta, menor de 12 anos, enfróntase a unha petición de 10 anos de prisión, e será xulgado este martes na sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo.

Segundo o escrito de acusación da Fiscalía, os feitos ocorreron na tarde do 28 de outubro de 2018, cando o acusado se atopaba no salón do seu domicilio sentado nun sofá á beira da súa neta. Nun momento determinado, o home achegouse a ela e introduciu a súa man por baixo do pantalón da nena, á que chegou a tocar na vulva.

O ministerio público relata que o home se dirixiu á menor facendo comentarios sobre que “llo ía a comer todo” e que mesmo lle preguntou se era virxe, afirmando que “non o parecía porque lle cabían os dous dedos”.

A menor non sufriu secuelas físicas por eses abusos, pero si presentou sintomatoloxía afectiva e conductual leve. Así, desenvolveu unha maior irritabilidade, impulsividade e dificultades de concentración, e unha actitude vixiante nas relacións interpersoais co sexo masculino, ademais de afectación emocional derivada da falta de relación con outros membros da familia extensa.

Por estes feitos, a Fiscalía considera ao avó autor dun delito de abuso sexual sobre menor de 12 anos, co agravante de prevalimiento por parentesco, e pide que sexa condenado a 10 anos de cárcere.

Ademais, reclama que se lle prohiba achegarse ou comunicarse coa súa neta durante outros 10 anos, e a medida de liberdade vixiada durante unha década despois de saír de prisión. Con respecto á responsabilidade civil, pide que indemnice á súa neta en 30.000 euros.

ÚLTIMAS

Vigo aproba a taxa turística: custará entre 0,80 e 2 euros por noite segundo o aloxamento

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o proxecto...

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...

Vigo reforza o servizo de extinción de incendios coa incorporación de 30 novos bombeiros

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o nomeamento...

Belén Rubio coloca o campus de Pontevedra no centro do seu proxecto para liderar a UVigo

A candidata á reitoría da Universidade de Vigo pola agrupación H2040, Belén Rubio, situou...