InicioPolíticaBNG acusa de "chantaxe" e "ameazas" á Xunta contra a alcaldesa de...

BNG acusa de “chantaxe” e “ameazas” á Xunta contra a alcaldesa de Tomiño pola súa oposición á lei do ciclo da auga

O portavoz de Infraestruturas e Medio Ambiente do BNG, Luís Bará, sinalou que é "intolerable" que a conselleira responda dese modo ás críticas da alcaldesa, "ameazando" con traspasar ao Concello a xestión dunha depuradora "construída e xestionada pola Xunta desde o seu inicio".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG cualificou de “chantaxista e macarra” a carta enviada pola conselleira Ethel Vázquez á alcaldesa de Tomiño (a nacionalista Sandra González), con “ameazas veladas” pola oposición e as críticas da rexedora ao anteproxecto de lei para a mellora da xestión do ciclo da auga.

O portavoz de Infraestruturas e Medio Ambiente do BNG, Luís Bará, sinalou que é “intolerable” que a conselleira responda dese modo ás críticas da alcaldesa, “ameazando” con traspasar ao Concello a xestión dunha depuradora “construída e xestionada pola Xunta desde o seu inicio”.

Respecto diso, anunciou que preguntará no Parlamento se a titular autonómica de Infraestruturas e Mobilidade enviou cartas “como esta” a outros concellos en situación semellante, ou “se a advertencia é só para quen ousa criticar ao goberno galego”.

Bará apuntou que o BNG “non se vai a deixar amedrentar” pola conselleira nin aceptará “unha lei do silencio, con ameazas veladas a representantes públicas que ousan criticala”.

Nese sentido, recalcou que a formación nacionalista seguirá adiante coas súas críticas ao anteproxecto de lei, que se está elaborando cunha “finalidade recadatoria” e que “vai supor a multiplicación por tres dos impostos” que gravan a auga, ademais de obrigar aos concellos a facer investimentos que comprometen a súa estabilidade financeira.

Finalmente, incidiu en que a actual situación do abastecemento, saneamento e depuración é, sobre todo, “responsabilidade da Xunta, que non fixo os seus deberes durante 20 anos e agora pretende pasarlles a pataca quente a concellos e deputacións”. En todo este tempo, engadiu, o goberno autonómico ha desenvolve unha “política de construción de infraestruturas clientelar e equivocada”.

ÚLTIMAS

Desmantelan en Mos unha festa rave

A Garda Civil de Pontevedra, a través do Grupo de Información da súa comandancia, informou sobre...

Rescatan a varios veciños dun edificio en chamas en Vigo

Os Bombeiros de Vigo rescataron a varios veciños dun edificio en Vigo no que...

Defensor do Pobo aproba a xestión de Vigo no incendio do edificio Alfonso X e critica á Xunta

O Defensor do Pobo emitiu un informe en resposta á solicitude de atención formulada...

OPINIÓN.- Vigo: Un plan de transporte para o futuro

A cidade de Vigo atópase nun momento crucial da súa historia. O crecemento desordenado...