InicioVigo e contornaVigoO Sergas renova os xefes de servizo da atención primaria na área...

O Sergas renova os xefes de servizo da atención primaria na área de Vigo

Carmen Durán, actual directora xeral de Saúde Pública, pasará a coordinar o centro de Lavadores.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Servizo Galego de Saúde nomeou a seis novos xefes de servizo de Atención Primaria na área sanitaria de Vigo, nos centros de saúde de Lavadores, Casco Vello, Beiramar e Sárdoma da cidade e nos dos municipios pontevedreses da Cañiza e Ponteareas.

A resolución da Xerencia da área sanitaria pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión de varios postos de xefe de servizo en Atención Primaria foi publicada polo Diario Oficial de Galicia (DOG) este mércores, segundo trasladou o Sergas.

En concreto, os novos xefes de servizo nomeados son as doutoras Carmen Durán –actual directora xeral de Saúde Pública– no centro de Lavadores, Rosa Piñeiro no Casco Vello , María Pilar Moix en Beiramar e María Raquel Plana en Ponteareas, así como os doutores José A. González na Cañiza e Fernando Lago en Sárdoma, respectivamente. Mentres, o posto de Moaña declarouse deserto.

Estes nomeamentos enmárcanse no proceso de resolución de procedementos para renovar as xefaturas de servizo vacantes en centros de saúde da área sanitaria. Así mesmo, continuarase a resolución deste proceso durante os próximos días co obxectivo de concluílo a finais deste ano.

ÚLTIMAS

Caballero reta a Nova York: “En Times Square teñen que aprender do Nadal de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu despregar na nova edición da Feira Internacional...

(Vídeo) O día que ‘Stranger Things’ abriu un burato en Vigo… que non se pecha

En Vigo pasan cousas raras no Nadal, todo o mundo o sabe. Non raras...

A Fiscalía solicita 3 anos e medio de cárcere para a dona dunha empresa de carpintaría por empregar persoal sen dar de alta na...

A dona dunha empresa de carpintaría enfróntase a unha petición de 3 anos e...

A Fiscalía solicita seis anos de cárcere por unha estafa con falsos alugueres en Vigo

A Fiscalía pediu seis anos de prisión para un home acusado dun delito continuado...