InicioVigo e contornaO PorriñoDenunciados dous mozos de Vigo sorprendidos cando facían unha pintada nun muro...

Denunciados dous mozos de Vigo sorprendidos cando facían unha pintada nun muro das vías férreas no Porriño

Ocorreu debaixo da ponte de acceso á autovía A-55, nas Gándaras.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil denunciou a dous mozos veciños de Vigo como presuntos autores dunha infracción á Lei de Seguridade Cidadá, tras ser sorprendidos cando realizaban unha pintada nun muro das vías férreas no Porriño.

Segundo informou o Instituto Armado, os mozos foron sorprendidos por unha patrulla de Seguridade Cidadá do Posto Principal da Garda Civil do Porriño o pasado venres cando realizaban unha pintada “de considerables dimensións” nun muro das vías férreas, debaixo da ponte de acceso á autovía A-55, nas Gándaras, no Porriño.

Unha vez identificados, interviñéronselles 20 botes de spray, ademais dos útiles que utilizaban e foron denunciados por infrinxir a Lei Orgánica 4/2015 sobre Protección da Seguridade Cidadá por “danos ou o deslucimento de bens mobles ou inmobles de uso ou servizo público, así como de bens mobles ou inmobles privados na vía pública, cando non constitúan infracción penal”, puntualizan as mesmas ufentes.

Os presuntos autores desta pintada son veciños de Vigo de 27 e 28 anos de idade. A Benemérita destaca que se poden enfrontar a unha sanción económica de 600 euros, ademais do pago dos gastos que xera a reposición do inmoble afectado ao seu estado orixinal.

ÚLTIMAS

Fin á folga en Radioloxía en Vigo: o Sergas acepta sumar un terceiro médico de garda

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) e radiólogos de Vigo alcanzaron este xoves un...

Morre apuñalado un home na antiga estación de bus en Vigo

Un home faleceu na tarde deste xoves en Vigo tras ser apuñalado na contorna...

Caballero arremete e eleva a batalla polo Mundial 2030: “A Xunta non quere pagar Balaídos”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu cargar contra a Xunta, asegurando que "non...

Vigo paraliza idea dunha facultade de Medicina tras o preacordo para a docencia descentralizada

A Xunta de Galicia e os reitores das tres universidades galegas acadaron un preacordo...