InicioPolíticaCaballero, feliz co novo Goberno: "Os concellos están ao mesmo nivel que...

Caballero, feliz co novo Goberno: “Os concellos están ao mesmo nivel que as administracións autonómicas”

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e tamén alcalde de Vigo, Abel Caballero, vén de celebrar, durante a Comisión Nacional de Administración Local deste xoves, que a Federación recibira resposta ás súas demandas, “as mesmas que xa tiñamos co Goberno anterior”, comparou.

Estas son, entre outras, a flexibilización da Regra de gasto e o destino do superávit dos Gobernos Locais. E, ante esas demandas, “atopamos no Goberno receptores sensibles e atentos”, valorou.

En materia de Regra de Gasto, o Executivo comprometeuse coa FEMP a retomar o traballo do grupo xa constituído a este efecto e traballar para estudar o xeito de flexibilizar a súa aplicación, “porque fomos a única Administración cumpridora, e queremos que se entenda a nosa postura”, dixo o Presidente.

Nas súas declaracións, Caballero tamén fixo unha valoración moi positiva da convocatoria de reunión formulada polo xefe do Executivo, Pedro Sánchez, e polo feito de que a Ministra Batet se reunira coa cúpula da Federación dez días despois da súa toma de posesión, entre outras actuacións.

Ao seu xuízo, isto supón que na relación entre o Goberno e a FEMP “cambiou todo, formas e contidos”, e os Concellos, “somos tratados como a Administración Autonómica e ao mesmo nivel”.

A importancia de empoderar aos Gobernos Locais foi un dos puntos destacados pola Ministra de Política Territorial e Función Pública, Meritxell Batet, que ao finalizar a reunión manifestou a vontade de “situar ao Goberno Local no centro da política”.

ÚLTIMAS

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...

Concello e Zona Franca blindan o futuro de Balaídos coa prórroga da bancada de Río ata 2080

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o delegado de Zona Franca, David Regades,...

Collen a un neno de 13 anos conducindo o coche da súa nai en pleno centro de Vigo

Axentes da Policía Local interceptaron o pasado mércores pola tarde a un menor de...