InicioSociedadeVigo rehabilitará os túneles do Castro, que recrearán o asedio de 1719...

Vigo rehabilitará os túneles do Castro, que recrearán o asedio de 1719 á fortaleza

Abel Caballero asegura que a iniciativa se levará a cabo haxa ou non financiamento europeo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo rehabilitará os 65 metros de galerías subterráneas baixo a fortaleza do monte do Castro, e porá en valor todo o conxunto, con paneis audiovisuais e outros elementos que permitirán recrear o asedio da fortaleza en 1.719. Así o anunciou este xoves o alcalde da cidade, Abel Caballero, que presentou o proxecto xunto coa concelleira de Patrimonio e presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva.

O rexedor explicou que a intervención, valorada en 1,5 millóns de euros, terá un prazo de execución duns 10 meses, e a intención é que estea terminada a finais do ano que vén. Así mesmo, o Concello presentará esta proposta para que opte a financiamento con fondos Next Generation da UE.

Caballero explicou que este proxecto, coa denominación ‘A defensa de Vigo’, permitirá non só recuperar parte do patrimonio da cidade, senón tamén da súa propia historia. Tamén recalcou que se fará cun “coidado exquisito” con todo a contorna, declarado Ben de Interese Cultural (BIC).

ILUMINACIÓN E RECREACIÓN AUDIOVISUAL

Segundo detallou, os túneles restauraranse, incorporarase iluminación e unha instalación sonora para recrear os canonazos e o balbordo dese asedio, ocorrido no contexto das guerras entre o rei Felipe V e a Cuádrupla Alianza (Francia, Reino Unido, Países Baixos e imperio Xermánico).

A saída dos túneles será no patio de armas, onde se fará unha intervención museográfica, cun recito expositivo en forma de barco, paneis audiovisuais, etc. Por outra banda, instalaranse pezas didácticas noutros elementos da fortaleza, sinalizando e imitando as plantas dos baluartes defensivos.

O alcalde expresou o seu “entusiasmo” con esta iniciativa, e garantiu que se levará a cabo, aínda que non consiga o financiamento europeo, á vez que subliñou que recuperar os túneles e pór en valor a zona con ambientación do século XVIII é “unha idea brillante”.

ÚLTIMAS

O Porriño fai pleno no Sorteo de ‘El Niño’: vendeu o primeiro e o segundo premio

O número 45875 foi o agraciado co segundo premio, dotado con 750.000 euros por...

Un home deixa á súa parella na UCI tras apuñalala no Porriño e entra en prisión

Axentes da Garda Civil detiveron a un veciño do Porriño, de 50 anos de...

O BNG vigués alerta sobre o empobrecemento na cidade e denuncia a retirada de axudas sociais do Concello

O grupo municipal do BNG en Vigo censurou este luns o recorte nas axudas...

Protesta masiva en Vigo contra a ofensiva de EE.UU. en Venezuela

Centos de persoas manifestáronse este sábado ante o Consulado de Venezuela en Vigo para...