InicioDeportesA selección dominicana de balonmán continúa a súa xira galega tralo partido...

A selección dominicana de balonmán continúa a súa xira galega tralo partido solidario co Novás en Tui

PUBLICADO O

- Advertisement -

O vindeiro sábado día 21 disputarase un partido internacional no Pavillón Municipal da Cañiza. Ás 19:00 enfrontaranse o Saeplast Bm. Cañiza e a Selección Absoluta de Balonmán Masculina da República Dominicana, que se atopa de xira na nosa Comunidade.

Será unha boa oportunidade de ver a un renovado Saeplast e a unha selección absoluta internacional adestrada por un dos mellores xogadores de balonmán da historia a nivel mundial e Campión do Mundo coa Selección Española no 2005, Rolando Urios. 

Xogada do Acanor At. Novás que termina en gol
 
O equipo dominicano está a completar unha xira moi completa por Galicia. Xa enfrontouse incluso á selección galega, e, no seu derreadeiro encontro ata agora, ao Acanor At. Novás, equipo de balonmán do Rosal, nun partido vibrante no que sempre estiveron por diante no marcador pero sen terminar de afastarse como para facer imposible a remontada.

O resultado final foi 31 a 28 a favor dos americanos. Este partido celebrouse no pavillón de Tui, destinando os 5 euros da entrada integramente aos afectados de Paramos.

O porteiro recolle o balón da portería

ÚLTIMAS

O Concello reforza servizos para facilitar a regularización

O Concello de Vigo reforzou o servizo de atención ao público para "atender ao...

O Concello activará un dispositivo permanente para situacións de violencia de xénero

O Concello de Vigo activará o 1 de maio un novo dispositivo de acollemento...

Sumar Galicia impulsa unha proposta de coalición de esquerdas en Vigo de face ás próximas eleccións municipais

Movemento Sumar Galicia remitiu unha carta a Esquerda Unida, Verdes Equo, Anova e Podemos...

O aeroporto de Vigo opera con “normalidade” no cuarto día de folga dos controladores aéreos

Os aeroportos de Vigo e A Coruña funcionan "con normalidade" na xornada deste luns,...