InicioSociedadeGran fracaso do paro do sector téxtil en Vigo

Gran fracaso do paro do sector téxtil en Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Federación de Industria de Comisións Obreiras convocara en solitario para este xoves, día 19 de xullo, unha folga “de alcance estatal” no sector téxtil. Con esta medida, o sindicato pretendía “chamar a atención sobre os «soldos de miseria» que cobran as mulleres, que representan inmensa maioría do persoal deste sector. A principal reivindicación sindical é chegar a un soldo mínimo de 14.000 euros anuais”, defendían.

Pero a concentración en Vigo, no polígono industrial de Valadares, resultou un fracaso. Os traballadores da empresa falan de “mala organización” do paro, que se produciu ás sete da mañá nun lugar tan afastado da cidadanía, en lugar de realizala no centro de Vigo.

Textil
Polígono de Valadares/ Miguel Nuñez

Á mala ubicación e hora habería que sumar unha “equivocada época do ano, posto que se trata dunha das épocas más frouxas na produción, con boa parte da plantilla xa de vacacións”.

Ademais, os traballadores aseguraron estar mal informados polo sindicato ao respecto do paro. Por todas estas razóns, non secundaron en absoluto a folga e acudiron a traballar como calquera día.

Poligono de Valadares, no día da “concentración” /Miguel Nuñez

“Non apoiaremos un convenio que non chegue a eses mínimos (14.000 euros anuais)”, salientara Cristóbal Álvarez Quirós, secretario de Organización de CCOO-Industria de Galicia.

Actualmente, o convenio estatal do téxtil permite salarios de 827 euros mensuais en quince pagas, isto é, algo menos de 12.500 euros anuais. Fronte a esta situación, CCOO-Industria defende un salario mínimo mensual de 933 euros.

ÚLTIMAS

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...