InicioBueu énchese de libros do Morrazo no seu I Encontro do Libro

Bueu énchese de libros do Morrazo no seu I Encontro do Libro

A inicitativa, organizada polo concello de Bueu, ten como obxectivo amosar á cidadanía a produción literaria do Morrazo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Máis de 300 exemplares de libros producidos no Morrazo ou que versan sobre esta comarca estarán esta fin de semana en Bueu. O Estaleiro de Purro, situado na Banda do Río, é o escenario elixido para acoller o próximo sábado 28 o I Encontro do Libro da Península do Morrazo.

Nun horario de 11.30h a 14.15h, pola mañá, e de 19.30h a 21.30h, amosaranse na vila unha seleción de exemplares que se poderán consultar e mercar. Nesta iniciativa, organizada polo concello de Bueu, tamén participan os concellos de Cangas, Moaña, Marín e Vilaboa, ademais das librarías locais Abrente, Miranda e Gáidil.

Neste encontro tamén se amosarán as publicacións editadas ou coeditadas polos concellos do Morrazo, iniciativa que se verá complementada por outros eventos culturais como presentacións de libros, conferencias e actuacións musicais.

Entre as actividades previstas para esta xornada, destaca a charla de José Manuel Dopazo acerca do labor editorial do Club Golfiños, a presentación do libro “Matilde”, pola súa escritora Eva Mejuto, a intervención de Manuel Uxío García e a actuación literario-musical da man de Jesús Andrés Tejada sobre os textos de Silvia Penas.

Na tarde do sábado, Xosé Novas, considerado o primeiro alcalde da democracia na vila bueuesa, fará un percorrido polas distintas corporacións municipais na etapa republicana no concello de Bueu. Pola súa Banda, Berlarmino Barreiro, arquiveiro municipal, falará sobre a extensa produción cultural e editorial da vila.

Este evento nace co obxectivo de celebrarse e estenderse nos vindeiros anos, apostando por unha feira itinerante que sexa escaparate dos libros e publicacións dos concellos da comarca.

ÚLTIMAS

A borrasca Josep provoca a suspensión do transporte de ría en Vigo

As malas condicións meteorolóxicas levaron a suspender o transporte de ría en Vigo, onde...

Caballero reta a Nova York: “En Times Square teñen que aprender do Nadal de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu despregar na nova edición da Feira Internacional...

(Vídeo) O día que ‘Stranger Things’ abriu un burato en Vigo… que non se pecha

En Vigo pasan cousas raras no Nadal, todo o mundo o sabe. Non raras...

A Fiscalía solicita 3 anos e medio de cárcere para a dona dunha empresa de carpintaría por empregar persoal sen dar de alta na...

A dona dunha empresa de carpintaría enfróntase a unha petición de 3 anos e...