InicioSociedadeDetectan catro novos positivos en dúas residencias de maiores de Vigo

Detectan catro novos positivos en dúas residencias de maiores de Vigo

Hai un na DomusVi e tres na Santa Mart.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Catro positivos por Covid-19 detectados en dúas residencias de maiores de Vigo –un na DomusVi e tres na Santa Marta– elevan a 62 os usuarios contaxiados en 11 centros en Galicia, catro casos máis que a xornada anterior.

Segundo informaron este mércores as consellerías de Sanidade e Política Social, detectouse outro positivo na DomusVi Vigo que eleva a dúas os usuarios con Covid neste centro; mentres que se incorpora á lista a Santa Marta de Vigo con tres positivos.

Por tanto, a Residencia Val de Monterrei conta con 25 casos entre os seus usuarios; hai nove na Santo Estebo de Perlío de Fene (A Coruña); sete na Residencia de Ribadeo; seis na Vivenda comunitaria de Alfoz; cinco na Soremay de Pontevedra; tres na Santa Marta de Vigo; dous a Concepción Arenal da Coruña e outros dous na DomusVi Vigo.

Pola súa banda, cun contaxio cada unha atópanse a Residencia Caser A Zapateira, a Residencia de Chandrexa de Queixa e a Bo Día Magnolio de Vigo. En canto ás residencias de atención á discapacidade, mantéñense 31 casos de Covid en usuarios, todos eles no Fogar e Clínica de San Rafael en Vigo.

ÚLTIMAS

Rueda reúnese cos responsables de Conxemar para impulsar o sector da pesca transformada en Galicia

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, celebrou esta semana un encontro na...

O Celta de Vigo entrega á Deputación de Ourense material contra incendios recadado nunha xornada solidaria

O Real Club Celta de Vigo fixo entrega este domingo á Deputación de Ourense...

Xulgan en Vigo unha muller acusada de estafar 6.800 euros cun falso aviso dun “fillo en apuros”

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrará o...