InicioSociedadePersoal de Vitrasa denuncia fronte ao Concello o "inmobilismo" do goberno local...

Persoal de Vitrasa denuncia fronte ao Concello o “inmobilismo” do goberno local ante o conflito

Consideran que o Concello, "como adxudicador" do servizo, debería requirir á empresa "para que dea unha solución inmediata".

PUBLICADO O

- Advertisement -

Traballadores da concesionaria de bus urbano de Vigo, Vitrasa, concentrouse este venres fronte ao Concello da cidade, coincidindo coa segunda xornada de folga, para denunciar os incumprimentos da empresa e o “inmobilismo” do goberno municipal ante o conflito. Así, o persoal trasladou as protestas ás portas do consistorio, e lembrou que a empresa responsabiliza ao goberno local dos atrasos nos pagos das nóminas.

Os traballadores de Vitrasa viven este venres o seu segundo día de folga, convocada para denunciar o incumprimento do convenio colectivo, a negativa da empresa a negociar un novo acordo e as condicións laborais que sofren, con xornadas de condución continuada durante 10 horas e situacións de tensión “extrema”.

Tamén recalcaron que a prestación do servizo é deficiente por falta de persoal e moitas veces impídese aos viaxeiros subir ao bus nas paradas por ter aforamento completo, “habendo buses nas cocheiras”.

Segundo explicaron, ante esta situación, o Concello, “como adxudicador” do servizo, debería requirir á empresa “para que dea unha solución inmediata”. Do mesmo xeito, criticaron que o alcalde, Abel Caballero, non respondese á súa solicitude de manter un encontro.

A folga continuará durante todo o fin de semana (sábado e domingo) e anunciaron que se concentrarán nas inmediacións de Montero Ríos, onde os próximos días celébranse as competicións do festival O Marisquiño.

ÚLTIMAS

O condutor falecido tras unha pelexa con outro na A-55 en Mos morreu por un paro cardíaco

A autopsia practicada ao condutor de 52 anos falecido o pasado domingo tras unha...

O goberno de Vigo di que actuou dentro da legalidade tras suspedr o contrato do bus

O Concello de Vigo fixo público este martes un comunicado sobre a suspensión da...

O Concello de Vigo critica o “estado lamentable” da antiga estación de autobuses tras cederlla a Xunta

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello aceptará a cesión da...

O BNG esixe explicacións urxentes pola suspensión do contrato do bus de Vigo e alerta de “inseguridade xurídica”

O grupo municipal do BNG anunciou este martes que solicitará a convocatoria dunha Xunta...