InicioPolíticaAlmeida insta ao alcalde de Vigo a preocuparse máis polo prezo da...

Almeida insta ao alcalde de Vigo a preocuparse máis polo prezo da luz e menos polas luces de Nadal

"O momento non require de exhibicións; aos vigueses preocúpalles chegar a fin de mes", asegura.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O portavoz nacional do PP e alcalde de Madrid, José Luís Martínez-Almeida, asegurou este xoves que o rexedor de Vigo, Abel Caballero, “deberíase preocupar máis que polas luces de Nadal, por presionar ao Goberno para que baixe a luz”.

Así o manifestou o alcalde madrileño ante os medios de comunicación desde a praza Felipe II, despois de que o seu homólogo galego anunciase onte a iluminación de Nadal en Vigo, unha campaña que contará con “11 millóns de luces led”. “Nova York váisenos a queda pequeno”, proclamou.

“Daríame vergoña allea saír onte nas fotos colocando as luces de Nadal”, lanzou José Luís Martínez-Almeida, quen indicou que a situación “social e sanitaria” actual non é a adecuada para estar centrados na iluminación do Nadal.

“Diríalle que as únicas luces que lle importan aos españois son as luces da súa casa co maior prezo histórico que nunca se alcanzou. O momento non require de exhibicións; aos vigueses preocúpalles chegar a fin de mes“, concluíu.

ÚLTIMAS

Caballero chancea con Mamdani, novo alcalde de Nova York: “O noso Nadal é mellor”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, felicitou este mércores ao novo alcalde de Nova...

Xunta urxe a Caballero un acordo para “desbloquear” actuacións como a ETEA: “Non existe xustificación para o atraso”

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, urxiu ao alcalde de Vigo,...

San Simón

​O exitoso lanzamento da película "San Simón" volveu poñer na axenda os crimes do...

O BNG presenta case 200 enmendas para os orzamentos de Vigo de 2026

O BNG de Vigo presentou este mércores unha batería de 198 emendas parciais aos...