InicioSociedade148.000 euros para reformar e ampliar o centro de saúde de Pazos...

148.000 euros para reformar e ampliar o centro de saúde de Pazos de Borbén

PUBLICADO O

- Advertisement -

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, e o alcalde de Pazos de Borbén, Andrés Igrexas, presentaron durante a mañá deste martes o proxecto de reforma e ampliación do centro de saúde de Pazos de Borbén. Os traballos contan cun orzamento de 148.000 euros que serán financiados polo SERGAS, e está previsto que finalicen no mes de marzo de 2019.

A reforma consiste na demolición da segunda planta do edificio anexo ao actual centro de saúde, destinado antigamente á vivenda do médico, e a reforma e reorganización de espazos para as novas estancias.

O edificio resultante respectará as características da construción orixinal grazas á conservación das fachadas e a unificación da cuberta. Deste xeito, o centro de saúde pasará de ter 112 metros cadrados a case 190 metros, “e supoñerá unha gran mellora na calidade do servizo para os veciños”, manifestou o alcalde de Pazos de Borbén, Andrés Igrexas.

Presentación do proxecto/ Roi Alexandre Sebio

O proxecto presentado este martes “é a resposta a un compromiso persoal adquirido fai tempo co conselleiro e que eu fixen extensible aos máis de 1500 usuarios deste centro de saúde”, indicou Igrexas, que explicou que “o prazo de finalización do centro é a finais do mes de marzo, aínda que intentaremos reducir ao máximo todos os prazos para que o centro de saúde este dispoñible canto antes”.

A reforma e ampliación do centro de saúde de Pazos de Borbén inclúe a dotación de diferentes espazos necesarios para mellorar a atención aos usuarios, como unha sala de espera polivalente, unha sala de espera para pediatría, a adaptación e modernización de diferentes estancias como as consultas e oficinas, así como a ampliación de espazos para servizos e almacéns.

Presentación do proxecto/ Roi Alexandre Sebio

Unha vez terminado, o centro de saúde de Pazos de Borbén contará cunha consulta de medicina xeral, unha sala de enfermería, unha sala polivalente, unha consulta de pediatría-matrona, unha sala de espera pediátrica, almacén, vestiarios e aseos.

Ademais, adecuarase o edificio ás normas sobre accesibilidade cunha rampla desde o exterior á entrada principal. Do mesmo xeito instalarase unha saída de urxencia na fachada traseira do centro.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá o Congreso Internacional de Enxeñaría Naval en 2027

A 66ª edición do Congreso Internacional de Enxeñaría Naval celebrarase en Vigo en 2027,...

Deteñen un mozo de 22 anos con catro ordes de procura

A Policía Local de Vigo detivo este pasado xoves a un mozo, de 22...

O BNG chama a manifestarse o 30 de maio en Vigo ante a presenza dos reis polo desfile das forzas armadas

O BNG presentou este venres na súa sede comarcal de Ferrol a campaña 'Na...

A EFCA incrementa preto dun 5% as súas inspeccións en 2025, con 5.000 infraccións

A Axencia Europea de Control da Pesca (EFCA, polas súas siglas en inglés), con...