InicioVigo e contornaVigoVigo consolídase como a área máis afectada de Galicia con 359 contaxios...

Vigo consolídase como a área máis afectada de Galicia con 359 contaxios nun só día

A área olívica subiu en 145 infeccións, por riba do total da comunidade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os hospitalizados pola Covid-19 en Galicia soben a 316, 15 máis que na xornada anterior e retoman así a tendencia ascendente de días anteriores. Tamén os novos contaxios sofren un repunte: alcazan os 1.300 e volven moverse ao redor das cifras dos últimos días, despois de que este sábado se estancasen nos 1.171. Os casos activos, pola súa banda, aumentan lixeiramente –95 máis–, 18.964, mentres que a taxa de positividade segue en ascenso e alcanza xa o 13,03% na Comunidade galega.

Segundo os datos actualizados na mañá deste domingo pola Consellería de Sanidade con rexistros de ata as 18,00 horas do sábado, recollidos por Europa Press, as persoas ingresadas pola Covid-19 en UCI ascenden a 44 –catro máis–, e soben tamén en 11 pacientes os hospitalizados noutras unidades –272–. Este incremente replícase na área de Vigo, onde os hospitalizados en unidades convencionais soben un —46 en total–, igual que ocorre na UCI, cun paciente máis —3–.

CASOS ACTIVOS ESTABLES

Os casos activos de Covid rexistran un lixeiro aumento, con 95 infeccións máis, co que se retoma a tendencia ascendente de xornadas previas, e sitúanse en 18.964, ao haber máis contaxios (1.300) que altas (1.204), ao que se suma un falecemento. O maior ascenso vén rexistrado na área de Vigo, que sobe en 145 infeccións ata 4.686 tras rexistrar 359 dos 1.300 contaxios contados en Galicia.

En canto á taxa de positividade das PCR a nivel galego, vén de repuntar a un 13,03%, tras estar o pasado sábado e venres por baixo deste limiar –12,11% e 11%–, e volve así á tendencia de días nos que roldou o 13,4% e iniciar esta semana cun repunte a un 15 por cento. Así, a Comunidade galega segue por encima dese 5% que establece a OMS para dar por controlada a pandemia, un limiar que, ata fai tres semanas, non superaba desde o 15 de febreiro.

VÍTIMAS E CURADOS

As persoas falecidas diagnosticadas con Covid-19 en Galicia desde o inicio desta pandemia ascenden a 2.461 despois de notificar este sábado Sanidade un novo falecemento. Segundo a información remitida aos medios por Sanidade, trátase dunha muller de 92 anos que estaba ingresada no Hospital do Salnés (Pontevedra) e que presentaba patoloxías previas.

Pola súa banda, 136.806 pacientes curáronse deste coronavirus no conxunto de Galicia desde o inicio desta crise sanitaria, que constitúen 1.204 persoas máis que as rexistradas ata o día anterior.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá o Congreso Internacional de Enxeñaría Naval en 2027

A 66ª edición do Congreso Internacional de Enxeñaría Naval celebrarase en Vigo en 2027,...

Deteñen un mozo de 22 anos con catro ordes de procura

A Policía Local de Vigo detivo este pasado xoves a un mozo, de 22...

O BNG chama a manifestarse o 30 de maio en Vigo ante a presenza dos reis polo desfile das forzas armadas

O BNG presentou este venres na súa sede comarcal de Ferrol a campaña 'Na...

A EFCA incrementa preto dun 5% as súas inspeccións en 2025, con 5.000 infraccións

A Axencia Europea de Control da Pesca (EFCA, polas súas siglas en inglés), con...