InicioSociedadeDous positivos en covid-19 na residencia de maiores Bodía Magnolio

Dous positivos en covid-19 na residencia de maiores Bodía Magnolio

En total, son 21 os usuarios de centros sociosanitarios en Galicia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Consellería de Sanidade informou este domingo do rexistro de dous novos casos positivos en covid-19 en residencias de maiores, concretamente na residencia Bodía Magnolio, en Vigo.

Así, en residencias de maiores, estes dous novos casos súmanse ao seis usuarios con covid-19 notificados ata este pasado sábado: cinco no xeriátrico Campolongo de Pontevedra e un no de Val do Dubra.

Doutra banda, os usuarios de centros de atención a persoas con discapacidade de Galicia que están diagnosticados de covid-19 descenderon ata os 13, ao recibir o alta cinco na residencia Valverde de Allariz.

Con todo, de acordo cos datos deste sábado da Consellería de Política Social, aínda quedan infectados de coronavirus outros 10 nestas mesmas instalacións, máis tres usuarios do CAPD de Sarria.

En total, son 21 os usuarios de centros sociosanitarios de Galicia, tanto de atención á discapacidade como de maiores, que permanecen contaxiados de coronavirus.

ÚLTIMAS

A ministra de Deportes suxire que Vigo será sede do Mundial de Fútbol

A ministra de Educación, Formación Profesional e Deportes, Milagros Tolón, asegurou que o estadio...

Rescatados dous tripulantes que encallaron co seu veleiro en Cabo Silleiro

O rescate dos dous tripulantes dun veleiro que quedou encallado fronte á costa de...

UGT suspende a concentración contra o ataque con explosivos á súa sede de Vigo á que ía acudir Pepe Álvarez

A condena do ataque contra a sede de UGT en Vigo terá que agardar...

Vigo mantén en segredo o motivo da suspensión do contrato de bus de 470 millóns: “Saberase cando a lei o permita”

Case dous meses despois de que o Concello de Vigo anunciase a suspensión da...