InicioPolíticaA Xunta ten previsto o comezo das obras no barrio de Navia...

A Xunta ten previsto o comezo das obras no barrio de Navia despois do verán

A aprobación dos proxectos de urbanización facilitará que a Xunta expropie os terreos que non se puideron adquirir mediante compravenda ou permuta.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta previu que a urbanización da ampliación do barrio vigués de Navia comece despois do verán e volveu a pedir ao Concello a necesaria aprobación do proxecto.

Así se manifestou a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, tras reunirse con cooperativas e empresas promotoras de vivenda en Vigo, onde remarcou que o Concello dispón da documentación correspondente ás tres fases da urbanización desde comezos do pasado mes de maio.

En concreto, a aprobación dos proxectos de urbanización facilitará que a Xunta expropie os terreos que non se puideron adquirir mediante compravenda ou permuta.

Tras a súa aprobación inicial, o Concello deberá someter os proxectos do tres fases a exposición pública durante un mes e solicitar os informes sectoriais correspondentes. Unha vez que recibidos estes documentos, a Administración local deberá proceder á aprobación definitiva nun prazo de tres meses.

A conselleira destacou que “a Xunta leva moitos meses de traballo de planificación e administrativo, acorde cos tempos e fases que marca a lei”, pero afirmou que “toca actuar”. Así, incidiu en que “setembro ten que ser un mes crucial para converter en algo práctico todo aquilo que é teoría”.

REUNIÓN

Por outra banda, durante a reunión, Ángeles Vázquez detallou que a venda da maior parte das parcelas realizarase coa convocatoria dun concurso público que estará aberto a cooperativas e promotores, que poderán adquirir chan en réxime de compravenda ou en dereito de superficie.

Deste xeito, indicou que as ofertas deberán alcanzar unha puntuación mínima en relación á proposta arquitectónica e apostarase por materiais e sistemas que eviten a deterioración prematura, o aproveitamento da luz natural, a funcionalidade dos anexos ás vivendas e edificios sustentables.

Tamén avanzou que se prevé que no último trimestre do ano publíquese o primeiro concurso de venda de chan, o correspondente ao polígono 1, o ámbito que acollerá o maior número de vivendas. En total, hai 27.000 metros cadrados reservados para compensar permutas realizadas polos propietarios e ofreceranse máis de 85.000 metros cadrados distribuídos en 116 parcelas. Así, na primeira fase construiranse 733 vivendas.

ÚLTIMAS

Vigo humanizará os accesos á ermida da Guía

A xunta de goberno local de Vigo aprobará este venres a humanización dos accesos...

O PP de Vigo esixe a revisión urxente dos danos causados polos temporais na cidade

O PP de Vigo reclamou ao goberno municipal que proceda a revisar "canto antes"...

O ADN dá un xiro ao crime do Porriño: arquivada provisionalmente a causa contra o único investigado polo asasinato de Judith M.G.

As probas de ADN realizadas polo Instituto Nacional de Toxicoloxía no marco da investigación...

Vigo reorganiza o Entroido polo mal tempo e avisa: “Que treme Río de Janeiro”

O Concello de Vigo actualizou a súa programación de Entroido debido ás condicións meteorolóxicas...