InicioCulturaA compañía 'Las Niñas de Cádiz' conquista o premio do público no...

A compañía ‘Las Niñas de Cádiz’ conquista o premio do público no Festival de Teatro de Cangas

A obra galardoada, 'El viento es salvaje', chega dende Andalucía e representa unha "recreación libérrima" de Fedra e Medea.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A obra de teatro ‘El viento es salvaje’, da compañía andaluza Las Niñas de Cádiz, gaña o Premio do Público desta 38 edición da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (MITCFC). A obra, unha das estreas en Galicia que se puideron ver en Cangasao longo dos últimos dez días, conseguiu unha puntuación de 4,73 puntos sobre cinco nasvotacións a través de Internet que as persoas espectadoras fixeron ao remate das obras.

En segunda posición, con 4,26 puntos, quedou outra das estreas en Galicia, a obra ‘Ritos de amor y guerra’, da compañía catalá Comando Señoras. O terceiro posto, con 4,08 puntos, foi para ‘La señorita doña Margarita’, de Petra Martínez e Juan Margallo, espectáculo que tamén foi unha das estreas en Galicia desta Mostra.

‘El viento es salvaje’ conta a historia de dúas rapazas, Vero e Mariola, tan amigas que semellan irmás, unidas desde a infancia por un amor e unha fidelidade inquebrantable. A obra é unha recreación libérrima de dous dos personaxes femininos máis apaixonantes da historia da cultura universal: Fedra e Medea. Unha traxedia en verso con todos os elementos clásicos do xénero, pero atravesada pola gargallada.

Las Niñas de Cádiz é unha compañía de teatro que traballa desde as raíces, fusionando elementos da cultura popular e o folclore con outros da denominada tradición culta. E sempre desde o humor. Alejandra López, Teresa Quintero, Rocío Segovia e Ana López Segovia son as actrices que dan vida á obra escrita e dirixida por Ana López Segovia. O espectáculo xa recibiu do Premio Max ao Mellor Espectáculo Revelación en 2020 e o Premio do Público do Certame Nacional de Teatro Garnacha da Rioxa.

ÚLTIMAS

Detido o cuarto integrante do grupo que asaltou e golpeou a un nonaxenario en Coruxo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home, cuarto integrante...

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...

A borrasca Josep provoca a suspensión do transporte de ría en Vigo

As malas condicións meteorolóxicas levaron a suspender o transporte de ría en Vigo, onde...