InicioVigo e contornaMéndez Ferrín pon voz a unha canción de 'metal' sobre a súa...

Méndez Ferrín pon voz a unha canción de ‘metal’ sobre a súa obra clásica

O autor afincado en Vigo reinterpreta 'Retorno a Tagem Ata' da man do dúo Dioivo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Foi por 1971 que Xosé Luís Méndez Ferrín lanzou unha das súas obras literarias máis lembradas: Retorno a Tagem Ata. A peza, que podería ser lida como unha novela breve ou un relato amplo, versaba –en clave– sobre as distintas tendencias que entón entretecían o movemento galeguista baixo o franquismo: a máis moderada e autonómica, encarnada na figura de Ramón Piñeiro, e outra máis radical, orientada á consecución da independencia. Alí estaba Méndez Ferrín.

50 anos pasaron da publicación desa pequena peza que o propio Piñeiro, malia saberse representado, autorizou para comentar na revista Grial, da que entón era director. Hoxe, medio século máis tarde, Méndez Ferrín pon voz a unha versión musicada do vello relato de Anatí, a Terra Ancha –que representaría a España– e Tagem Ata, que coa súa “grande fraga” non pode ser outra que Galicia.

O proxecto vén desenvolto da man de Dioivo, un dúo de metal procedente de Vigo que este 2021 fai cinco anos de traxectoria. Comezaron en 2019, cunha adaptación musical do poema “Sempre pola morte esperas”, de Rosalía de Castro.

Agora, o conxunto atrévese cunha composición máis contemporánea e para a cal, por riba, contan coa voz do autor orixinal, que vai lendo o relato publicado na colección O Moucho polos distantes días en que o Caudillo estaba aínda vivo e o galeguismo era presa dunha efervescencia que logo habería de se evaporar.

ÚLTIMAS

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...