InicioVigo e contornaVigoEncontradas pombas mensaxeiras da carreira Algarve-Oporto en Vigo que se desorientaron polas...

Encontradas pombas mensaxeiras da carreira Algarve-Oporto en Vigo que se desorientaron polas tormentas

Estas aves estaban realizando esta proba cando foron sorprendidas polo mal tempo, o que fixo que moitas desapareceran.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Pouco a pouco vanse recuperando moitas das miles de pombas mensaxeiras perdidas a pasada fin de semana mentres realizaban a carreira Algarve-Oporto. As fortes tormentas que barreron as costas atlánticas da Península poideron desorientar ás aves, que están sendo localizadas en varios puntos de Galicia e Asturias. Na carreria participaron 10.000 pombas e este xoves aínda quedaban por localizar arredor de 3.000.

Un columbófilo de Vigo, descubriu a cinco pombas que voaban xunto ás súas propias e daban mostras de estar exhaustas e esfameadas. Levaban os correspondentes aneis portugueses e o número de identificación. Dúas delas foron xa devoltas aos pombais de Oporto, segundo informa o diario El País. Porén, pouco despois chegaban á casa desta mesma persoa outras nove pombas procedentes da mesma carreira.

Membros da asociación portuguesa organizadora do evento encóntranse en Galicia recuperando os exemplares. Todas elas aparecen cos mesmos síntomas de fame e fatiga. Hai que ter en conta que a competición na que participaban cubría unha ruta de 300 kilómetros, pero as que chegaron a Vigo terminaron recorrendo uns 500.

No caso de localizar a unha destas pombas extraviadas, os expertos aconsellan darlles de comer e de beber e avisar á policía local ou á Federación Columbófila Galega ou incluso a algún club local.

ÚLTIMAS

Zendal organiza no Porriño un encontro internacional sobre os desafíos da inmunización e a saúde global

A compañía biotecnolóxica Zendal organizará este venres, 24 de abril, nas súas instalacións do...

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...