InicioEconomíaVigo abordará con Ryanair posibles rutas desde Peinador a semana que vén

Vigo abordará con Ryanair posibles rutas desde Peinador a semana que vén

En canto aos destinos, di o rexedor Abel Caballero que "o sistema anterior, de Dublin, Edimburgo e Bologna non era malo".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O goberno municipal vigués abordará con Ryanair a próxima semana posibles rutas desde o aeroporto de Peinador, con vistas á convocatoria dun concurso público para adxudicar axudas para a promoción turística de Vigo por parte de aerolíneas.

Así o trasladou o rexedor, Abel Caballero, tras manter unha reunión telemática con responsables da compañía, e incidiu en que o Concello ten interese en “retomar” a relación con Ryanair, mediante un convenio “ou algo similar”, pero sempre coas condicións que establece a administración municipal.

De feito, Ryanair operou en Vigo durante varios anos tras adxudicarse un concurso de axudas públicas (por máis de 4 millóns de euros) para realizar promoción turítica da cidade nos seus voos. En 2019 abandonou a terminal viguesa, tras o desacordo co Concello pola súa pretensión de conseguir máis apoio económico e por expor realizar a promoción en voos operados fóra de Vigo.

Hai unhas semanas a empresa sorprendeu co anuncio de que volvería a Peinador con varios voos semanais con destino a Barcelona desde o próximo outono.

Caballero valorou que a empresa é “proclive” a reeditar o convenio para incrementar eses voos e operar novos destinos na primavera e verán do ano que vén. As condicións económicas serían “similares” ao anterior acordo, aínda que o alcalde matizou que “ten que haber un concurso público” para que outras empresas se poidan presentar.

Con respecto aos destinos, o rexedor explicou que esa cuestión será abordada nun próximo encontro, aínda que avanzou que, ademais de Barcelona, o goberno local pretende que se oferten voos internacionais. “O sistema anterior, de Dublin, Edimburgo e Bologna non era malo”, indicou.

ÚLTIMAS

OPINIÓN.- O incumprimento da Lei da Memoria Democrática en Vigo: un desafío á democracia e a xustiza

A cidade de Vigo, segue sendo un exemplo de incumprimento da Lei da Memoria...

Caballero, feliz de que a A-52 entre Vigo e O Porriño está “absoluta e irreversiblemente en marcha”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, celebrou este mércores que, coa publicación no BOE...

OPINIÓN.- As competencias dos concellos

Ultimamente vemos como entre as distintas administracións vanse pasando a pelota das competencias e...

Vigo pide á Xunta “toda a información” sobre o túnel de Beiramar antes de convocar a Comisión

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reclamou este martes á Xunta de Galicia "toda...