InicioVal MiñorBaionaInstan á Xunta a acometer as reformas demandadas polos centros educativos de...

Instan á Xunta a acometer as reformas demandadas polos centros educativos de Baiona

O PSdeG critica as "promesas incumpridas" e unha "mala xestión" do goberno autonómico.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo socialista no Parlamento de Galicia instou á Xunta a acometer as reformas demandas polos centros educativos de Baiona e criticou as “promesas incumpridas” e a “mala xestión” do goberno autonómico. Así o manifestou a deputada Leticia Gallego, tras manter unha reunión co alcalde desta localidade, Carlos Gómez, e con representantes das Anpas de varios destes centros.

Leticia Gallego informoulles dunha batería de iniciativas que presentará o grupo socialista para demandar estas actuacións, e sinalou que tanto o Concello como as Anpas estás “fartos” das “promesas incumpridas” da Xunta.

Respecto diso, lembrou que os centros reclaman máis investimentos e o arranxo de infraestruturas que están en situación de deterioro provocado polo uso e a inadecuación funcional ás esixencias educativas actuais e á normativa vixente.

Así, a deputada socialista demandou varias reparacións no colexio Fontes-Baíña, como o cambio de portalón de acceso, a instalación dunha potabilizadora, a mellora da iluminación ou o peche dunha das fachadas do pavillón escolar. Tamén reclamou a adecuación dos vestiarios e os servizos de Educación Infantil no colexio de Belesar, así como a substitución do valado do recinto, e “un patio decente e en condicións”.

Para o colexio de Sabarís, pediu o arranxo “urxente” da cuberta, o peche de fachadas do pavillón, “que filtra auga” e que “supón un enorme prexuízo para o alumnado”. No caso da escola infantil O Areal, Leticia Gallego explicou que está pendente un investimento de 250.000 euros “desde hai anos”, para acometer a ampliación e a mellora das instalacións.

“Estes centros son un claro exemplo da mala xestión do goberno galego en materia educativa, xa que se trata de pequenas actuacións ás que se podería dar resposta con pequenos investimentos”, resolveu a deputada socialista.

ÚLTIMAS

O ‘stolpersteine’ de Jaime, asasinado en Mauthausen. Cando a memoria tropeza coa pedra da historia

O Concello de Nigrán colocou este xoves un 'Stolpersteine' en memoria de Jaime Martínez...

Caballero saca peito e di que Vigo é un “modelo turístico en España”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, celebrou que a cidade "continúe sendo un modelo turístico...

O BNG de Vigo pide limitar o uso de petardos no Fin de Ano polos “prexuízos” a animais e persoas maiores

O BNG de Vigo demandou ao goberno local que emita un bando para limitar...

Auxilian en Vigo a un home de 50 anos que entrou en parada cardiorespiratoria en plena rúa, resultando falecido

Os profesionais de emerxencias auxiliaron na tarde deste xoves en Vigo a un home duns...