InicioSociedadeA organización estudantil Erguer 'ocupa' a sede de IESIDE para rexeitar o...

A organización estudantil Erguer ‘ocupa’ a sede de IESIDE para rexeitar o modelo de universidade privada

O alumnado, alertaron, non poderá acceder á universidade pública a prezos razoables "sendo a privada a opción máis suxestiva para aqueles que poidan asumir os custos".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A organización estudantil Erguer realizou este venres unha ocupación simbólica do edificio do Instituto de Formación Superior Intercontinental da Empresa (IESIDE), da obra social de Abanca, na Avenida de Madrid de Vigo, como acto protesta contra o modelo de universidade privada.

Segundo informou a propia organización, esta acción enmárcase dentro da campaña contra o proxecto de lei presentado pola Xunta e que permitirá a Abanca a creación dunha Universidade Intercontinental da Empresa.

Membros de Erguer entraron no edificio e entregaron unha carta dirixida ao director do centro, na que sinalan que esta universidade privada “non nace para liquidar unha demanda social”, xa o tres universidades públicas xa teñen unha “ampla oferta formativa”, senón que vai competir “” contra o actual sistema público. “Vemos unha vez máis a tentativa do PP de facer negocio cos dereitos básicos das estudantes, como é o acceso a unha educación pública de calidade, en favor dos intereses da elite social máis favorecida”.

Segundo denunciaron, a universidade pública está en situación de “precariedade”, agravada por “a falta de financiamento por parte da Xunta, a escasa oferta de bolsas, a prohibición de aumentar prazas nos graos, etc.”. Se a isto súmase a competencia desa nova universidade e a “fuga” do capital privado a ese tipo de proxectos, facilitarase a “eliminación” dos graos con menor demanda “e mesmo de campus universitarios”.

O alumnado, alertaron, non poderá acceder á universidade pública a prezos razoables “sendo a privada a opción máis suxestiva para aqueles que poidan asumir os custos”.

“A aprobación desta lei levará, por tanto, á implantación en Galicia dun modelo educativo elitista, antipedagóXico, antidemocrático, antiestudiantil e antigalego, ao ir en contra da propia lei do sistema universitario galego; ademais de xerar unha competitividade que as estudantes teremos que sufrir a curto e longo prazo”, sentenciaron.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...