InicioVigo e contornaVigoInvestigado por desobediencia o mozo detido no desaloxo dun 'botellón' multitudinario en...

Investigado por desobediencia o mozo detido no desaloxo dun ‘botellón’ multitudinario en Vigo

O mozo ten a condición de investigado polos supostos delitos de resistencia e desobediencia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O xulgado de instrución 6 de Vigo decretou a posta en liberdade de I.M.R., un mozo de 25 anos de idade que foi detido o pasado fin de semana pola Policía Local da cidade durante o desaloxo dun ‘botellón’ multitudinario. O mozo ten a condición de investigado polos supostos delitos de resistencia e desobediencia.

A detención produciuse na madrugada deste pasado domingo, pasadas as 3,00 horas, cando axentes do 092 acudiron á Praza da Estrela, onde estaba a ter lugar un ‘botellón’ no que participaban unhas 200 persoas, sen manter a distancia social e, moitas delas, sen usar máscara.

Os axentes dispersaron á multitude, que foi abandonando a praza sen incidencias, salvo un grupo de cinco persoas, que se negaron, polo que a Policía procedeu a identificalos.

Unha desas persoas, un mozo de 25 anos de idade, I.M.R., de nacionalidade uruguaia e veciño da cidade, negouse a mostrar a súa documentación e enfrontouse aos funcionarios, segundo detallaron fontes policiais, chegando mesmo a “golpear na cara” a un dos axentes. Por estes feitos foi detido e posto a disposición xudicial este domingo.

ÚLTIMAS

O feminismo vigués convoca unha manifestación o 8M baixo o lema ‘Fronte ao medo e o fascismo, a resistencia é feminismo’

A plataforma Resposta Feminista – As que miran lila chamou a saír ás rúas...

Caballero acusa ao conselleiro de Sanidade de que os exames MIR se fagan en Santiago “porque é de alí”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, urxiu ao Ministerio de Sanidade e á Consellería...

Vigo abre o CIS Olimpia Valencia con 65 consultas para atender a 42.000 persoas

O novo Centro Integrado de Saúde (CIS) Olimpia Valencia, o terceiro de Galicia, abre...

O BNG propón impulsar comunidades enerxéticas locais para producir e consumir enerxía renovable

O BNG de Vigo propuxo que o Concello cree unha oficina municipal de enerxía...