InicioSociedadeSanidade rebaixa a Mos a nivel alto de restricións

Sanidade rebaixa a Mos a nivel alto de restricións

Dentro do nivel medio de restricións sitúase o concello de Ponteareas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Galicia deixará de ter municipios con peche perimetral pola incidencia da Covid-19 desde o vindeiro luns, 7 de xuño, tras descender ao nivel alto de restricións os de Mos e A Pobra do Caramiñal, que na actualidade teñen restricións máximas.

Así o informou este venres a Consellería de Sanidade nun comunicado, no que explica que a Dirección Xeral de Saúde Pública acordou “descender ao nivel alto de restricións” aos concellos de Mos e A Pobra do Caramiñal para os que o comité clínico acordou o máximo o pasado día 1 de xuño.

Por iso, explica Sanidade que, “tras avaliar a situación epidemiolóxica dos dous únicos concellos galegos nos que rexían as medidas do nivel máximo de restricións, e corroborar que a evolución de ambos cumpría cos criterios fixados polo comité clínico para baixar de nivel”, o departamento sanitario galego decidiu que, desde o vindeiro luns, ambas as localidades pasen a formar parte da lista de concellos en nivel alto.

Dentro do nivel medio de restricións sitúase o concello de Ponteareas.

ÚLTIMAS

Unha investigación iniciada en Vigo destapa unha rede que enganaba migrantes con falsas ofertas de emprego

Unha investigación da Policía Nacional iniciada en Vigo permitiu desmantelar unha rede dedicada a...

O Concello reforza servizos para facilitar a regularización

O Concello de Vigo reforzou o servizo de atención ao público para "atender ao...

O Concello activará un dispositivo permanente para situacións de violencia de xénero

O Concello de Vigo activará o 1 de maio un novo dispositivo de acollemento...

Dous furtivos reinciden dúas noites seguidas mariscando ilegalmente en Teis

Axentes da Policía Local de Vigo identificaron a dous mariscadores furtivos que estaban a...