InicioSociedadeMenos casos e menos pacientes covid na área de Vigo

Menos casos e menos pacientes covid na área de Vigo

Con todo, continúa á cabeza en Galicia con 635 casos activos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os novos contaxios de Covid-19 superan por primeira vez esta semana o centenar, tras rexistrarse 106, mentres que os casos activos seguen en descenso por duodécimo día seguido e sitúanse en 2.156. Mentres, os pacientes ingresados descenden lixeiramente a 107, catro menos.

Segundo os datos actualizados na mañá deste xoves pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 horas deste mércores, recollidos por Europa Press, descenden a 20 as persoas ingresadas en UCI en Galicia, unha menos e a 87 as que permanecen noutras unidades, tres menos.

Por áreas sanitarias, na área de Vigo descenden a cinco os pacientes en UCI –un menos– e a 13 os doutras unidades –dous menos–.

MENOS CASOS ACTIVOS

En canto aos casos activos de Covid-19 no conxunto de Galicia manteñen a tendencia descendente por duodécima xornada consecutiva e sitúanse en 2.156, 50 menos que a xornada anterior, ao haber máis altas (154) que novos contaxios (106), ao que se engaden dous falecidos. En Vigo son 27 casos menos. Con todo, continúa á cabeza en Galicia con 635 casos activos.

Pola súa banda, os novos contaxios de Covid-19 en Galicia rompen a tendencia dos últimos días de situarse por baixo do centenar e alcanzan a cifra de 106, tras unha xornada do mércores con 82 e iniciar a semana con 76. Na área de Vigo houbo 14 novos casos por PCR.

ÚLTIMAS

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...

Sindicatos calculan un 20% de seguemento na quenda de noite de Stellantis Vigo

Datos desiguais sobre o seguimento da folga xeral deste mércores nas distintas compañías industriais...