InicioSociedadeCondenado un vigués a 2 anos de cárcere por violación de morada,...

Condenado un vigués a 2 anos de cárcere por violación de morada, abusar da súa ex parella e quebrantar unha orde de afastamento

A Fiscalía pedía 5 anos de prisión.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, condenou a unha pena de dous anos e dous meses de prisión a un home polos delitos de quebrantamento de condena, violación de morada e abuso sexual, tras quebrantar por segunda vez unha orde de afastamento da súa ex parella.

O xuízo por estes feitos estaba previsto mediante tribunal de xurado na mañá deste luns, no entanto, non chegou a celebrarse ao chegar todas as partes a un acordo de conformidade, polo que o home, que permanece en prisión provisional desde xaneiro de 2021, viu rebaixadas as penas que pedía a Fiscalía de 5 anos de prisión a 2 anos e 2 meses de cárcere.

Segundo o escrito do Ministerio Público, o acusado mantivo coa muller unha relación sentimental de catro anos que terminou en agosto de 2020, cando o home foi condenado como autor dun delito de malos tratos familiares a 50 días de traballo en beneficio da comunidade e á prohibición de aproximarse ou comunicarse coa súa ex parella por tempo de 18 meses.

A pesar diso, o home “non cumpriu as penas de prohibición de achegarse e comunicarse coa súa ex parella sentimental”, polo que “apenas transcorrido un mes foi de novo condenado (…) como autor dun delito continuado de quebrantamento de condena” a 6 meses de prisión. Dita pena foi suspendida durante dous anos condicionado a que o home non cometese novos delitos.

O acusado “desde agosto de 2020 non asumía a ruptura da relación sentimental”, polo que en xaneiro de 2021, a pesar de ser coñecedor da anterior condena e de que seguían en vigor as penas de prohibición de achegarse e comunicarse coa muller, presentouse no domicilio dela e, despois de manter un encontro cara a cara ausentouse do lugar.

Na madrugada dese día, “guiado polo propósito de vulnerar a privacidade e intimidade dela” e sen o seu consentimento, accedeu á vivenda dela, onde foi descuberto pola muller e atopou a un amigo dela. Desta forma, ao “comprobar con quen ía pasar a noite ela, non abandonou de forma voluntaria a vivenda”.

Así, tivo que ser a muller a que o conduciu cara á porta de entrada para que se fose, onde o acusado para evitar saír colocou un dos seus pés na porta de entrada, de forma que ela non puidese pechar totalmente a porta da casa. Foi entón cando o home, “guiado polo ánimo de satisfacer os seus instintos sexuais tocoulle os peitos, á vez que lle dicía: ‘A ver cando follamos'”. Nese momento ela díxolle que ía chamar á Policía, tras o que el se marchou.

ÚLTIMAS

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...