InicioSociedadeDetectan 6 positivos nun cribado en Mos cunha participación do 55% de...

Detectan 6 positivos nun cribado en Mos cunha participación do 55% de 4.980 convocados

Este mércores un equipo de profesionais sanitarios desprazouse a Mos onde estaban citadas case 5.000 persoas para unha proba PCR no Pavillón Óscar Pereiro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A área Sanitaria de Vigo detectou seis positivos no cribado realizado o pasado mércores no municipio de Mos, no que participaron case o 55% das 4.980 persoas convocadas.

Segundo concretou esta área sanitaria, das 4.980 persoas citadas, 2.736 foron cribadas, o que representa o 54,9 por cento de participación, entre as que se detectaron seis positivos de Covid.

O Servizo Galego de Saúde convocou cribados esta semana no municipio pontevedrés de Mos, que conta na actualidade con nivel alto de restricións e entrará este sábado en nivel máximo debido á incidencia da Cocid-19.

Este mércores un equipo de profesionais sanitarios desprazouse a Mos onde estaban citadas case 5.000 persoas para unha proba PCR no Pavillón Óscar Pereiro.

Así mesmo, este sábado, 29 de maio, está prevista a realización dun cribado aos traballadores e usuarios do centro Leroy Merlin no mesmo municipio de Mos.

Mos conta con limitación de reunións de persoas convivientes en espazos privados entre a 1,00 e as 6,00 horas; no municipio non está permitido o consumo no interior dos establecementos de hostalaría e restauración e a ocupación das terrazas destes locais ascende a un 50%.

Este sábado, desde as 00,00 horas, ao pasar a nivel máximo de restricións, como acordou o comité clínico, terá peche perimetral e a hostalaría pechada, salvo para servizo a domicilio.

ÚLTIMAS

Un profesor da Universidade de Vigo reúne 180.000 nomes de invertebrados nunha obra única no mundo

A Universidade de Vigo presentou este venres o último libro do profesor da Facultade...

Dous detidos e un investigado pola malleira a un home nun parking do Porriño

A Garda Civil de Pontevedra detivo a dous homes e investiga a un terceiro...

Organizacións de produtores de Vigo reclaman axilizar axudas ante a “difícil situación” da frota pesqueira

Organizacións de produtores viguesas (Opnapa, OPPC-3 e OPPF-4) trasladaron á secretaria xeral de Pesca,...

Besteiro pon o foco nas 100.000 vivendas baleiras de Galicia e esixe á Xunta actuar, poñendo a Vigo como exemplo de boa xestión: “Non...

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, puxo este venres como exemplo...