InicioEconomíaProtestan cunha caravana de coches en Vigo contra o "despezamento" do servizo...

Protestan cunha caravana de coches en Vigo contra o “despezamento” do servizo de Correos

Denuncian recortes no número de empregados, peche de oficinas e máis precariedade laboral.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os sindicatos CC.OO. e UGT trasladaron este martes ás rúas de Vigo as protestas contra o “despezamento” do servizo de Correos, cunha caravana de vehículos que percorreu varias rúas do centro da cidade, e coa que pretenden denunciar a “traxectoria de recortes” do Goberno central con respecto a este servizo.

A protesta enmárcase no calendario de mobilizacións que se iniciaron o pasado mes de abril en todo o Estado con concentracións de delegados. CC.OO. e UGT volveron a reclamar á Dirección de Correos “que cese a política de despezamento” do operador público e piden un servizo “sustentable, eficaz, moderno e eficiente”.

Segundo denunciaron, “o claro cambio de rumbo” na compañía pública nos últimos meses traduciuse, na provincia de Pontevedra, en recorte de emprego en case todos os centros de Correos, como na Estrada, O Porriño, Vilagarcía, Val Miñor, Ponteareas, Redondela, Vigo ou Pontevedra, e no peche de oficinas na quenda de tarde dos sábados.

Os sindicatos criticaron a “nefasta xestión e errático liderado” do presidente de Correos, Juan Manuel Serrano, que levan o ente público a ter unha previsión de perdas económicas “de ata 634 millóns de euros en 2023”, fronte ao resto de operadores europeos, que “demostraron un crecemento económico” na pandemia e co auxe do comercio dixital.

“Ademais, está a recortar emprego e empeorando a súa calidade (3.000 efectivos menos anuais, 36 % de temporalidade, e 25 % de emprego a tempo parcial en xeral, e un 75% na rede de oficinas, así como un 50% nos centros de clasificación e tratamento postal); e está a reducir a rede postal pública mediante o peche de centros de traballo, oficinas e suprimindo postos de repartición rural“, engadiron os sindicatos.

Por iso, esixiron ao Goberno que teña en conta ao operador postal na repartición de fondos europeos de recuperación, incorporando o servizo á axenda política, ao ser “esencial para a cidadanía”, e reclamaron que se considere o “carácter estratéxico” de Correos “para un proxecto de transformación e modernización de país”.

ÚLTIMAS

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

Denunciado un bazar do Porriño por vender pirotecnia sen permiso e sen medidas de seguridade

O Equipo de Inspección da Intervención de Armas e Explosivos da Comandancia da Garda...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...

“Tiven que vivir na rúa dentro dun coche, co meu fillo menor de idade e dous gatos”, di unha estafada

Un estafador reincidente, condenado ata en tres ocasiones por casos similares, asegurou que descoñece...