InicioSucesosO condutor falecido tras unha pelexa con outro na A-55 en Mos...

O condutor falecido tras unha pelexa con outro na A-55 en Mos morreu por un paro cardíaco

PUBLICADO O

- Advertisement -

A autopsia practicada ao condutor de 52 anos falecido o pasado domingo tras unha discusión con outro condutor na A-55, en Mos, confirmou que morreu por unha parada cardíaca.

Os feitos ocorreron na tarde do pasado domingo, cando varios particulares alertaron Emerxencias da presenza de dous condutores pelexando no arcén da autovía, á altura de Tameiga. Ao lugar desprazáronse efectivos da Garda Civil, da Policía Local e de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que trasladaron un dos homes, G.F.R., ao hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, onde acabou falecendo.

Horas despois, xa o luns, a Garda Civil detivo un veciño de Vigo de 41 anos por un posible delito de homicidio en relación con estes feitos, pero os primeiros informes sobre o falecido sinalaron que as lesións que presentaba pola pelexa non eran compatibles co falecemento. Por iso, o detido quedou en liberdade na sede policial, aínda que segue investigado polo sucedido.

ÚLTIMAS

A acampada de Vigo inicia o seu desmonte con concentracións para pedir vivenda para dez persoas sen fogar

A acampada pola vivenda de Vigo iniciou este domingo o proceso de desmonte do...

(Fotogalería) As mellores imaxes dunha noite máxica: Vigo acende o Nadal 2026

Vigo volveu converterse este sábado no epicentro do Nadal cun espectacular acendido que reuniu...

“Todo o planeta” xa pode gozar do Nadal de Vigo

A cidade de Vigo acendeu este sábado as súas luces para dar comezo así...

A ministra de Deportes suxire que Vigo será sede do Mundial de Fútbol

A ministra de Educación, Formación Profesional e Deportes, Milagros Tolón, asegurou que o estadio...