InicioSociedadeDoce positivos no cribado do IES de Mos e outros 7 en...

Doce positivos no cribado do IES de Mos e outros 7 en dous centros comerciais vigueses

Sanidade tamén confirmou que no cribado realizado no Centro Comercial Travesía de Vigo participaron 368 persoas, e detectouse un caso positivo. No Centro Comercial Gran Vía de Vigo participaron 386 persoas no cribado e detectáronse 6 positivos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Sergas informou este luns do resultado dos cribados realizados na área sanitaria de Vigo o pasado fin de semana, e que serviron para detectar 19 casos positivos de Covid, dos que unha ducia se corresponden coas probas efectuadas no IES de Mos.

Así, fontes sanitarias confirmaron que, dos 734 convocados no IES de Mos, 559 participaron no cribado (un 76 %) e detectáronse 12 casos positivos de Covid.

Dáse a circunstancia de que o municipio de Mos atópase, desde hai uns días, no nivel alto de restricións debido, precisamente, á alta incidencia de coronavirus entre a súa poboación.

Segundo os datos notificados este luns polo Sergas, este municipio ten unha incidencia acumulada a 7 días (por cada 100.000 habitantes) de máis de 250 casos, con 59 casos diagnosticados a última semana. Así mesmo, nos últimos 14 días diagnosticáronse 70 casos (a incidencia neste período é de entre 250 e 500 casos por cada 100.000 habitantes).

Por outra banda, Sanidade tamén confirmou que no cribado realizado no Centro Comercial Travesía de Vigo participaron 368 persoas, e detectouse un caso positivo (un cliente). No Centro Comercial Gran Vía de Vigo participaron 386 persoas no cribado e detectáronse 6 positivos (un traballador e 5 clientes).

Finalmente, o Sergas avanzou que continúa a campaña de vacinación na área sanitaria viguesa e, desde este luns e ata o mércores, serán citadas 12.000 persoas de entre 50 e 59 anos para ser recibir a súa dose da vacina no Instituto Feiral de Vigo.

ÚLTIMAS

Vigo rozará o “cheo total” polo aceso do Nadal, segundo Caballero

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou que a ocupación hoteleira para esta fin...

Condenado a 13 anos e medio de cárcere o autor do crime de Coia: tres atenuantes rebaixan a pena

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo penas que suman 13 anos...

Investigan a morte dun home nunha nave abandonada en Vigo

A Policía Nacional abriu unha investigación para esclarecer as circunstancias da morte dun home,...

Feridas dúas persoas tras rexistrarse un incendio nunha vivenda de Vigo

Dúas persoas resultaron feridas e tiveron que ser evacuadas a un centro sanitario tras...