InicioSociedadeDan a alta en Vigo a outro mariñeiro contaxiado coa variante india...

Dan a alta en Vigo a outro mariñeiro contaxiado coa variante india do barco ‘Prometheus Leader’

Seguen hospitalizados tres mariñeiros máis deste barco, un na UCI, e oito do 'Emerald Leader'.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un dos mariñeiros do buque ro-ro ‘Prometheus Leader’, que a pasada semana terminou a súa corentena no porto de Vigo (decretada tras detectarse un gromo de Covid-19 da variante india) e que partiu o venres rumbo a Zeebrugge (Belgica), recibiu a alta hospitalaria este martes.

Segundo confirmaron fontes sanitarias, este tripulante, que se atopaba ingresado en planta no Hospital Vithas de Vigo (antigo Fátima), recibiu a alta tras dar negativo na proba PCR.

O pasado sábado xa foron dados de alta tres dos tripulantes do mesmo buque e o venres recibiu a alta outro mariñeiro máis. Deste xeito, na actualidade seguen hospitalizados tres do oito tripulantes deste barco inicialmente ingresados, un dos cales se atopa na UCI.

No relativo ao segundo buque ro-ro, o ‘Emerald Leader’ (xemelgo do primeiro), que permanece en corentena no peirao de Rande tras detectarse 10 casos positivos tamén coa variante india de Covid-19, hai un total de oito tripulantes hospitalizados.

ÚLTIMAS

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...