InicioPolíticaAbel Caballero denuncia un "boicot" da Xunta á instalación en Vigo da...

Abel Caballero denuncia un “boicot” da Xunta á instalación en Vigo da fábrica de baterías

O alcalde de Vigo fixo estas declaracións horas despois de manter unha reunión en Madrid con responsables do Ministerio de Industria, con quen abordou, entre outras cuestións, esta iniciativa.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acusou á Xunta de querer “rebentar” o proxecto da fábrica de baterías na Plisan, ofrecendo a posibilidade de facela “noutras zonas de Galicia”, algo que cualificou como “gravísimo”.

Nunha rolda de prensa, o rexedor olívico denunciou ese suposto ‘boicot’ do goberno galego (que a Xunta nega) á iniciativa promovida por Concello, Deputación de Pontevedra e Zona Franca, aínda que matizou que esa oferta da Xunta ao Goberno de España non está reflectida en ningún proxecto nin manifestación de interese.

Caballero fixo estas declaracións horas despois de manter unha reunión en Madrid con responsables do Ministerio de Industria, con quen abordou, entre outras cuestións, esta iniciativa. Así, subliñou que a planta de baterías da Plisan é un “proxecto sólido, consistente e ben trazado”, con chan para instalarse e socios industriais (aínda que o grupo Stellantis, antiga PSA, desmarcouse do mesmo, ao ter a súa propia estratexia e previsión de plantas de baterías en Francia e Alemaña).

Só hai un problema serio, e é que a Xunta non só non apoia esta fábrica, senón que está a propor a Industria outras zonas de Galicia, moi afastadas de Vigo. Quere rebentar a fábrica de baterías, xoga activamente a rebentar o proxecto”, lamentou, e avanzou que ese ‘boicot’ do goberno galego “non vai prosperar”.

Segundo lembrou o alcalde, “non é a primeira vez” que o executivo autonómico tenta prexudicar algunha iniciativa do Concello, e puxo dous exemplos: “Cando conseguín a Biblioteca do Estado foi o conselleiro de Cultura a dicir que non quería Biblioteca do Estado en Vigo, ou con Cíes Patrimonio da Humanidade, que a Xunta se inventou unha candidatura para rebentar a nosa”.

BARRERAS

Por outra banda, o alcalde volveu a referirse a a situación do estaleiro Barreras, e reiterou que, tras a reunión no Ministerio de Industria, constatou que “o que está a traballar para salvar a Barreras é o Goberno de España”, fronte a unha Xunta que “non di nada” a pesar de ter competencias en materia industrial.

Segundo o rexedor, o estaleiro “recibe toda a atención” da administración central, que prepara apoio económico por “ducias e ducias e ducias de millóns de euros”, mentres que o goberno galego “non presentou un plan de viabilidade” para o estaleiro.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...