InicioMedio Ambiente e PatrimonioTrunfo contra os eólicos que ameazaban a Serra do Galiñeiro: "seguiremos alerta"

Trunfo contra os eólicos que ameazaban a Serra do Galiñeiro: “seguiremos alerta”

A plataforma en defensa da serra convoca unhas xornadas esta fin de semana.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Ledicia no ecoloxismo galego logo de coñecerse que a viguesa Serra do Galiñeiro non será pasto dos eólicos. Dende a Plataforma pola protección da serra do Galiñeiro, principais impulsores desta protección, celebran que a empresa Terra do Vento renunciase ao proxecto de parque eólico na serra do Galiñeiro. “Aínda é máis motivo de celebración que un dos argumentos de renuncia sexa o recoñecemento do impacto ambiental que chegaría a causar o polígono eólico e que o outro argumento fose o rexeitamento social que se deu ante ese intento de explotación eólica”, destacan.

Segundo apuntan dende a plataforma, a loita contra a implantación de eólicos nesta impresionante paraxe da contorna olívica arrincou hai máis de dez anos. “As persoas membros da Plataforma fomos quen de plasmar na alegación, presentada no mes de novembro do 2012, todos os valores que este monte ten, de sopesar o dano que as infraestruturas eólicas causarían nos ecosistemas, nos recursos e no patrimonio desta serra, de xeito tan claro e preciso que o resultado recollémolo agora”, explican.

A plataforma aproveitou tamén estes días de ledicia para agradecer o apoio dos Concellos que nos seus plenos expresaron a vontade de darlle á serra a máxima protección ambiental, entre outros. Esta fin de semana poñerán en valor as especiais calidades da serra a coñecer coas xornadas de ‘Xeolodía’. “É esta unha actividade que se fai tódolos anos no mes de maio para divulgar o coñecemento da xeoloxía en cada unha das provincias de España”, apuntan.

E non todo é celebración aínda así. Dende a plataforma xa destacan que “habemos de seguir alerta”. “É evidente que este monte ten máis inimigos que os eólicos e as minas”, e apuntan directamente á administración autonómica: Nas mans da Administración da Xunta de Galicia está que a serra de Galiñeiro volva ser ofertada a unha empresa eólica ou que pola contra decida darlle a protección ambiental que lle corresponde”.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...