InicioSociedadeA CIG anuncia que denunciará ao Concello de Vigo por "prohibir" unha...

A CIG anuncia que denunciará ao Concello de Vigo por “prohibir” unha reunión

Aseguran que o consistorio ordenou que non se deixase saír aos traballadores.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Confederación Intersindical Galega (CIG) anuncia levará o Concello de Vigo ante os tribunais por “boicotear” a conformación dunha asemblea que tiña por obxectivo protestar contra o “proceso de privatización e precarización dos servizos públicos como consecuencia da falta de traballadores”. Así o anuncia a Confederación nunha nota na que explica que a reunión de persoal, prevista para este xoves, non puido ser desenvolta por “prohibición” do consistorio olívico.

Segundo apuntan dende a CIG, a imposibilidade de celebrar a asemblea veu por ordes directas do Concello. “A Concellaría de Persoal remitiulles escritos aos xefes/as de área onte pola noite para que impedisen que os empregados/as públicos/as puidesen acudir á cita”, destacan antes de subliñar que “a CIG xa anunciou que presentará unha denuncia nos Xulgados contra esta decisión antidemocrática”.

De acordo coa formación, “os intentos do Goberno local vigués por boicotear a asemblea e impedir o dereito de reunión do persoal municipal provocaron a suspensión do encontro”, que segundo subliñan resultou substituído por unha “ruidosa protesta dos representantes sindicais, primeiro nos exteriores do consistorio e despois ás portas da Alcaldía e da Concellaría de Persoal”.

“DECISIÓN ANTIDEMOCRÁTICA”

Na CIG entenden que se trata dunha “decisión antidemocrática” e critican “tanto o fondo como as formas”. “Foi comunicada mediante escritos aos xefes/as de servizo para que non deixasen saír os traballadores/as e fíxose con menos de 24 horas de antelación, un defecto de forma que incumpre os requisitos legais”. Por iso presentarán unha denuncia nos Xulgados, de igual xeito que fixeron para garantir o dereito de folga dos bombeiros/as e contra os servizos mínimos abusivos.

“Se esta é a presentación da nova concelleira de Persoal, que saiba que nos vai ter enfronte dende o primeiro día”, sinalan dende a central sindical. “Semella que os servizos públicos e o emprego de calidade son o menos importante para este Goberno local”, lamentan.

ÚLTIMAS

Tensión tras as ameazas dun home armado cun machete en Vigo

Un home armado cun machete xerou momentos de tensión en Vigo tras un incidente...

A Policía Local localiza en Salceda un veciño do Porriño desaparecido desde o xoves

A Policía Local de Salceda de Caselas localizou na tarde deste venres a Vicente...

Conxemar reúne en Vigo expertos internacionais para abordar os retos da pesca antes da apertura da feira

Vigo converterase desde este luns nun dos puntos de encontro internacionais do sector pesqueiro...

Estudantes da UVigo levan ao espazo un experimento para probar cámaras e sensores de radiación

Estudantes da Universidade de Vigo integrados na asociación UVigo SpaceLab conseguiron poñer en órbita o experimento CORTIS, unha...