InicioEconomíaA Deputación de Pontevedra mellorará varias estradas en Salvaterra, Tomiño e O...

A Deputación de Pontevedra mellorará varias estradas en Salvaterra, Tomiño e O Rosal

PUBLICADO O

- Advertisement -

presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, informou que a xunta de goberno provincial aprobou este venres investimentos por un global de 1,5 millóns de euros para renovar infraestruturas viarias.

En concreto, trátase de tres actuacións. Por unha banda, deuse luz verde ao proxecto para “resolver demandas cidadás históricas” na estrada provincial EP-8402, no Concello de Cuntis por 604.000 euros. No Concello de Salvaterra de Miño, actuarase na EP-4006, para o que se destinarán 214.000 euros. Tamén se aprobou aprobado a adxudicación das obras na EP-3303, no Concello do Rosal, por 650.000 euros, para “reconverter de forma integral a estrada entre Tabagón e Goián”.

Ademais, o Goberno provincial pechou este venres a liña 3 do Plan Concellos, destinada á creación de emprego para a conservación de bens e servizos municipais. Concretamente, complétase este programa de axudas con 36.000 euros para o Concello de Dozón para contratar a cinco persoas.

Segundo informou Carmela Silva, este ano solicitaron esta liña de axudas un total de 56 municipios, que recibiron un global de 9,2 millóns de euros para contratar a 876 persoas.

ÚLTIMAS

Vigo presenta o seu Entroido 2026 coa orquestra París de Noia e o desfile de comparsas

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou este luns a programación municipal para as...

Detido o cuarto integrante do grupo que asaltou e golpeou a un nonaxenario en Coruxo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home, cuarto integrante...

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...