InicioEconomíaAbel Caballero, sobre os proxectos galegos que optan a fondos europeos: "O...

Abel Caballero, sobre os proxectos galegos que optan a fondos europeos: “O presidente da Xunta en Vigo son eu”

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, manifestou que, en relación ás propostas de proxectos galegos aos fondos europeos ‘Next Generation’, “o presidente da Xunta en Vigo non é o señor Feijóo, é Abel Caballero, porque Feijóo non presenta nada de interese para esta cidade”.

Desde Zona Franca eu estou a asumir o papel do presidente da Xunta; o presidente da Xunta en Vigo estou a ser eu”, sostivo nunha rolda de prensa este luns, na que puxo en valor os proxectos que presentou sobre as fábricas de baterías, de hidróxeno e de micropchips fotónicos.

En cambio, criticou, o presidente de Galicia “non presentou” proxectos de interese para a cidade olívica, como poderían ser unha fábrica de baterías ou “un gran proxecto naval”, segundo mencionou. Neste contexto, sinalou que Vigo optará aos fondos europeos cos proxectos impulsados polo Goberno local.

Ademais, Caballero volveu a reclamar que os fondos de recuperación teñan “como participantes imprescindibles ás entidades locais”. Así dixo que o transmitirá no acto de clausura do foro sobre Estratexia de Desenvolvemento Sustentable, no que participa este luns xunto á ministra Ione Belarra.

Nesta liña, recalcou que os fondos “teñen que ser levados desde as entidades locais, desde a FEMP” (Federación Española de Municipios e Provincias), xa que, considerou, vehiculizalos “a través das comunidades autónomas” resultaría “seriamente ineficiente”.

ÚLTIMAS

Aqualia confirma metais pesados na auga da traída municipal da parroquia de Beade, en Vigo

A Xunta de Galicia notificou ao Concello de Vigo e á empresa concesionaria Aqualia...

Caballero advirte a Xunta e Deputación sobre Balaídos: “Vano pagar co diñeiro ou nas urnas”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insistiu este martes en solicitar o cofinanciamento da...

Detidos por realizar 35 chamadas intimidatorias en menos de 5 horas a un vigués

A Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detivo a dous homes como supostos autores...

Julio Costas, novo valedor da Universidade de Vigo

O catedrático de Dereito Mercantil Julio Costas Comesaña foi elixido este martes novo valedor...