InicioPolíticaAbel Caballero defende a Espinosa malia as sentenzas en contra da política...

Abel Caballero defende a Espinosa malia as sentenzas en contra da política de persoal do Concello: “É fantástica”

Asegura que o goberno local actuará segundo as indicacións dos servizos xurídicos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reafirmou este martes a súa confianza na concelleira de Persoal, Elena Espinosa, a quen cualificou de “fantástica” e de quen puxo en valor tanto a súa xestión na administración municipal como a anterior, cando foi ministra.

Así, sobre unha recente sentenza que cuestiona o nomeamento dos xefes de servizo do Concello de forma discrecional (e obriga á elaboración dunha nova relación de postos de traballo para primar o mérito e a capacidade), o rexedor proclamou que Espinosa é unha concelleira de Persoal “fantástica” e que tamén foi “unha gran ministra”.

Respecto diso, subliñou que a cidade de Vigo “débelle” a ela ter unha nova depuradora, así como outras infraestruturas, como o paseo litoral da Guía. E, ademais, engadiu, “é unha gran tenente de alcalde”.

Con respecto ás sentenzas que afectan á política municipal de persoal, Abel Caballero limitouse a sinalar que o seu goberno actuará en función das indicacións dos servizos xurídicos.

SENTENZAS

Nos últimos días transcendeu unha sentenza do xulgado do Contencioso Administrativo 2, que cuestiona o nomeamento de xefes de servizo e outro persoal, e condena ao Concello de Vigo a elaborar unha nova relación de postos de traballo.

A resolución é a resposta a un recurso interposto polo sindicato CC.OO., que denunciou que eses nomeamentos se fan “a dedo” no consistorio, e súmase a unha sentenza anterior no mesmo sentido (nesa ocasión por mor dun recurso de Marea de Vigo), que aínda non foi executada.

Ademais destas sentenzas, hai varias resolucións contra o Concello relacionadas co pago das horas extras por baixo da cantidade debida. A elas engádense outras sentenzas xudiciais contrarias á administración local, como a que anulou o decreto que obrigaba aos bombeiros a facer horas extras ou a que declarou ilegal os servizos mínimos decretados con motivo da folga deste colectivo.

ÚLTIMAS

A Policía Nacional evita en Vigo que un home se lance ao baleiro desde unha terraza

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela evitaron que un home se lanzase...

A Doblada: da desidia toponímica á desmemoria histórica

​Hai uns días, a Xunta de Galicia modificou decenas de toponímicos nas catro provincias,...

Condenado por estafar con falsos alugueiros de vivendas en Vigo e Sanxenxo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, condenou a...

Vigo tacha de “sectario” o acto de Rueda no IES de Navia por non convidar a Caballero

O goberno municipal de Vigo criticou este martes o acto de colocación da primeira...